lunes, 27 de abril de 2009

Comparte saúde. Doa sangue

A Unidade Móbil para doar sangue estará no noso Barrio.

Martes, 28 de abril
na Praza de Pablo Iglesias.
De 15:30 ás 21:00 h

Estas datas festivas soen coincidir cun incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios debido ao aumento das urxencias por mor dos accidentes de tráfico

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN CIFRA EN 2.500 DOAZÓNS DE SANGUE AS NECESIDADES DOS HOSPITAIS NA PONTE DO PRIMEIRO DE MAIO

A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). .

Para máis información, o Centro de Transfusión de Galicia dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas. Na nosa cidade atópase en:

HOSPITAL ABENTE Y LAGO (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas


Animádevos. Acudamos para amosar unha vez máis que somos un barrio comprometido e solidario.
Como din no seu slogan: SÍNTETE MELLOR. Comparte saúde. Doa sangue.

domingo, 19 de abril de 2009

Actos vandálicos en Eirís

Desgraciadamente, nos últimos meses estamos asistindo a un incremento de actos vandálicos no barrio. Hoxe volveulle tocar a Eirís.
Hai que tomar medidas para parar este tipo de actos o antes posible e para non ter que laiarnos despois. Pedimos os correspondentes responsables que o fagan xa para garantir a continuidade da nosa convivencia veciñal.

A noticia saíu en varios medios da prensa. Engadimos a noticia saída en La opinión e La Voz.
Unos vándalos destrozan los retrovisores de casi treinta automóviles en Eirís - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña


Unos vándalos destrozaron los retrovisores de más de treinta coches en el barrio de Eirís

O trasporte ¿público? na nosa cidade

Nunca chove ó gusto de todos. As nosas Asociación de Veciños non coinciden nin nesto, como podemos comprobar nas noticias que saen nos medios. A quen facer caso?


No que si coincidimos os veciños é no pésimo servicio que temos no transporte público nesta cidade, especialmente no Barrio. Nin antes era adecuado, e agora moito menos.


O que DEMANDAMOS en TODA A CIDADE é un trasporte acorde coa realidade social, un TRANSPORTE PÚBLICO de CALIDADE e SOSTIBLE, con maior frecuencia, máis liñas e máis barato.


Los vecinos de Mesoiro y O Castrillón analizan los cambios en los autobuses - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña



Vecinos del Castrillón tachan de «irreal» la propuesta municipal sobre los cambios en los buses

miércoles, 15 de abril de 2009

Outra de area e unha de cal......

Parece que non nos cae nada en Iluminación, e non será porque non faga falta.

Pero algunha pedrea vai caendo. O Montiño, esa subida case de 4000, que debe ser unha das costas máis empinadas (con perdón) da cidade, angosta e de dobre sentido circulatorio VANLLE POÑER ACERAS, e incluso conectarán os sumideros á rede de pluviales. ¡¡¡¡¡.


Menos é nada. Cada mellora, incluso as atrasadísimas, son benvidas. E agradecidas.

Pero estas inversións, tan necesarias para o desenvolvemento da zona, non fai que olvidemos a "débeda histórica" co barrio: Aplicar o plan urbán para a zona previsto desde o 1996 e que aínda está sen rematar (tapóns que dividen físicamente o barrio, rúas sen asfaltar, cortadas ou sen rematar, parcelas á monte, prazas-barrizales, aceras deterioradas ou inexistentes.... ). E por suposto non podemos olvidar os clásicos Polideportivo e parque de Oza.

Esperemos que o Concello recupere a memoría dos compromisos adquiridos desde fai tanto tempo. Creo que levamos amosado paciencia dabondo. E xa nos toca.

martes, 14 de abril de 2009

Unha de cal e outra de area.

Xa nos parecía moita racha para a zona. Non estamos acostumados a tanta atención e tanta noticia positiva para o Barrio, e para non perder a tradición , aquí nos botan outro xarro de auga fría.

La Xunta suprime del trazado del metro ligero a los barrios de Eirís y Os Castros - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña

A Xunta saínte, desoíndo as propostas de Busquets, prefire unha vez máis seguir pasado de nós.
Menos mal que aínda queda que se posicione a nova Xunta. A ver si a esta lle ven un pouquiño máis de sentidiño e prefira facer caso ó especialista ó que se lle pagou un pastón para facer un plan obxectivo, realista e sostible para a Coruña. E igualitario para todos os barrios da cidade. Aquí, neste barrio obreiro e traballador tamén pagamos impostos e polo tanto esiximos que remate este trato discrimitario que levamos padecendo nos últimos anos.

Ímoslle dar un marxe de confianza ós novos inquilinos da Xunta. Teñen ata o 2011...

O concello da Coruña axiliza o plan de obras cun crédito de ¡13.345.000 euros ¡¡

El Ayuntamiento agiliza el plan de obras con un crédito de 13 millones

E unha vez máis o noso Barrio volve a sair nos papeis:

- Continuación do Parque de Oza. (A estas alturas xa custa crelo. Xa veremos.)
- Polideportivo do Castrillón: 250.000 euros. (Supoñemos que dará para repoñer o letreiriño publicitario que arrancou o último temporal, pero d esta vez máis grande. E o que sobre para colocar a primeira pedra.. ).

Pero a cambio nos dan 1,5 millóns para o novo centro cívico de Eirís, que din que é a resposta a un compromiso co benestar social de todos os coruñeses e de xeito especial cos veciños do barrio. Un inmoble impresionante instalación con salas de actividades, salón de actos e local para a asociación veciñal. Estiman que o centro atenderá unha poboación de 10.000 persoas. Im-presionante.
Pero o dato que máis nos fascina é o do prazo de execución: 8 MESES¡¡¡ .

Si estamos esperando polo Polideportivo, desde o 2003! . E pasados todos os trámites posibles e imposibles, agora invirten 250.000 nun proxecto que valoraron en 15 millóns….
E este proxecto faise en menos de 1 ano.... Inaudito. Extraordinario.
Pois nada, teñen outro ano para facer o noso polideportivo antes da próxima cita no 2011

Outras inversións para os barrios da cidade son:

- seis millones de euros para el plan de pavimentación. Esperamos que algo caia para poñer en valor as nosas corredoiras.
- 200.000 euros para mejoras en áreas infantiles. O nenos do barrio que xogan no parque de Pablo Iglesias, agradecerían moito unha adecuada, segura e salubre área infantil que cumprise a normativa vixente.
- 300.000 euros para obras de ensanche de aceras. Outra da débedas eternas co barrio, no que padecemos situacións surrealistas

En total o Concello terá este ano 80 millones de euros para a execución de perto de 300 proxectos.


Invírtanos ben, por favor. E que se convirtan en realidades, non se queden en promesas, porque de falsas promesas, neste Barrio estamos abarrotados.
E como mostras, algúns atinados comentarios de veciños do Barrio , que cada vez participan máis e amosan publicamente o seu parecer, nesta noticia sobre o mesmo tema do Centro Cívico.

Losada anuncia que Eirís tendrá un centro de día además del local social - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña

Parece que estamos en racha....

E que non rache a racha. Desde o Blog do Castrillón aplaudimos esta medida. E sobre todo, aplaudimos que de cando en vez teñan en consideración as nosas sensatas demandas. Gracias.

Agora esperamos que desfeita a gran desfeita, se adiquen a planificar con sentido común e responsabilidade as necesidades cidadanas e nos ofrezan un servicio de transporte público digno e sostible. Non queremos seguir pagando impostos de primeiro mundo, para ter servicios tercermundistas.

El Concello restablecerá líneas de bus que suprimió hace cuatro meses - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña

martes, 7 de abril de 2009

A posta en valor de Eirís e Castrillón

Palabras extraídas do Blog de Javier Losada, respondendo a un veciño do Castrillón.

En Eirís y Castrillón el esfuerzo de toda la ciudad ha sido enorme: bibliotecas y centros cívicos, escuelas infantiles y parques.También está prevista la cosntrucción de una escuela infantil, además de la existente, así como centro de día y ahora iniciamos un nuevo centro cívico en Eirís.

Bibliotecas? Que saibamos hai 1 Biblioteca, estupenda por certo. Centros Cívicos? Non coñeceos máis ca 1 Centro Cívico, onde tamén está a devandita Biblioteca, do que estamos ben contentos todos (de feito é A ÚNICA POSTA EN VALOR QUE TEMOS NO BARRIO) . Escolas Infatís? Polo de agora só hai 1 (Carricanta). Parques? Aquí si podemos falar en plural. Temos 2: o de Pablo Iglesias e o de Eirís. Se se achega por alí poderase percatar de que os nosos impostos non os invirten en mantemento dos parques feitos, polo menos non nestes parques.

Aproveitamos para recordarlle de novo as outras dúas promesas que retoman vostedes en cada cita electoral, desde hai varias lexislaturas: o Polideportivo coa súa piscina, e o Parque de Oza, dos que falamos xa noutro post anterior, e dos que aínda non vimos nin a primeira pedra, salvo na prensa.

Como sabemos que o Sr. Alcalde é un home ocupado, e os seus informadores non lle deben comunicar a situación real dos barrios asignados, ímoslle amosar os grandes esforzos do seu goberno na zona de Eirís e o Castrillón.

Esforzo e posta en valor da Avenida dos Caídos (Zona Urbanización Soto)




Terreos para o Parque de Oza. Ó fondo, terreos reservados para o ¿futuro? Polideportivo





Esta é tan só unha pequena mostra. Faremos máis entregas posto que no barrio temos mostras dabondo dos esforzos do goberno municipal para poñer en valor o noso barrio.

Se queredes colaborar para que o Alcalde coñeza a realidade dos esforzos feitos no barrio, podedes enviarnos imaxes ó noso mail de contacto: barriodocastrillon@gmail.com

lunes, 6 de abril de 2009

Integración ou realoxo?


Esta entrevista publicada na Opinion non ten desperdicio. Moitos cremos na integración, de feito vivimos integrados e convivimos sen maiores problemas. O que non aceptamos son os realoxos masivos que favorecen a formación de guetos.

Suxírolles ós ¿responsables? do noso Concello que se comuniquen cos de Avilés, aquí ó lado, en Asturias, e que lles soliciten información sobre o estupendo plan de integración no que levan traballando tanto tempo, e polo que recibiron en dúas ocasións o Premio Habitat que conceden as Nacións Unidas polo plan de erradicación do chabolismo.
Para os que non coñezan este plan exitoso vou dar dúas pinceladas a modo de exemplo:
- 1ª Premisa: Non máis de 1 unidade familiar para integrar por bloque de comunidade de veciños
- Esixencias e obrigas (que levan a cabo con rigorosidade absoluta):

- Non permiten a máis xente que a que apareza na unidade familiar que solicitou a vivenda

- Esixencia de integración na Escola, na Comunidade de veciños, no Centro de Saúde, etc, cos mesmos dereitos e coas mesmas obrigas que o resto dos cidadáns.

- Respeto ás normas e a lei establecida en xeral.

Canto nos soa esto ¿verdade? Seremos tan marcianos neste barrio coas nosas reivindicacións? Pois xa vemos que non, que as experiencias positivas, a lei e o sentido común nos avalan, porque estamos pedindo o mesmo: que se faga un realoxo responsable e para que a integración sexa efectiva e real.

domingo, 5 de abril de 2009

Losada tamén segue a tendencia bloguera

Noraboa tamén ó Alcalde por sumarse as novas tendencias comunicadoras. Esperamos que serva para todo o que di na súa presentación. Animádevos a participar nel, que non digan despois que non sabían ou que descoñecían o que demandamos para o noso Barrio.
Algún veciño xa intervíu expoñendo as súas demandas.

Blog de Javier Losada » Bienvenidos al blog#comments

Estamos de Noraboa no Castrillón: O Concello promete executar todos os seus proxectos

Que ben, porque esta pode ser unha grande noticia para o noso barrio, xa que levamos anos esperando polo Polideportivo, ese que ía ter unha piscina e intalacións moi similares ó de San Diego, xa sabedes.... E tamén levamos anos esperando polo Parque de Oza, ese parque que xa xenerou tantas noticias, tantas fotos, e no que xa puxeron tantas primeiras pedras.... Bueno, a ver si desta vez a promesa dos responsables do Concello chega a bo término, porque no barrio, a xente está totalmente cansa de promesas incumpridas (e exemplo desto son os centos de votos que perdeu o psoe neste distrito, distrito socialista de sempre).Esperamos que comecen axiña cos dous e que sexan realidade antes da próxima cita electoral. Dámoslles o marxe destes dous anos e pico para facer estas obras cuios orzamentos xa están aprobados e pasados todos os trámites administrativos posibles.

Neste enlace á noticia podedes ler tamén algunhas preguntas e reflexións dalgún veciño do barrio.

El Concello promete ejecutar todos sus proyectos y el PP le acusa de ´fraude´ - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña: