martes, 26 de mayo de 2009

Hoxe o Ventorrillo sae a rúa

Os veciños do Ventorrillo saen hoxe para protestar por unha situación que levan sufrindo demasiados anos. E para esixir solucións.


HOXE, XOVES 28 DE MAIO ÁS 20.30 H.
Desde a sé da Asociación de Veciños ata a rúa do Mosteiro de Caaveiro.

E moitos veciños deste barrio estarán , estaremos, apoiándoos. Porque é un problema de toda a cidade. E non podemos permitir que quen ten que velar pola nosa seguridade e benestar intenten minimizar as consecuencias de esta deixadez das súas funcións e se laven as mans, sobre todo cando eles mesmos crearon este problema fai 25 anos.

Tamén apoian esta concentración a AVV Cruceiro-Oza-Urbanización Soto, unha das dúas asociacións veciñais que temos no Castrillón.

Resulta francamente reconfortante e alentador observar como os veciños e as AVV empezan, pouco a pouco, a darse conta que para buscar solucións hai que ir xuntos da man, sumando esforzos, aparcando os politiqueos e intereses partidistas.
Esperemos que as autoridades competentes e resto de responsables tomen boa nota. E que acudan moitos veciños do Ventorrillo e de todos os barrios da cidade.

Mentres deixámosvos cunhas declaracións da sra. Longueira, moi na súa liña: "Los vecinos tienen todo el derecho a manifestarse". Eso xa o sabemos. Só fastidaría que aínda o cuestionase, como xa fixo anteriormente cos veciños deste barrio, ós que acusou de estar manipulados porque non comungaban co que ela pretendía. Pero claro, agora a Asociación de veciños que se lle alporiza é uhna asociación moi vinculada ó goberno local que defendía, ata agora, todo o que viñese do Concello.
Longueira: ´Los vecinos tienen todo el derecho a manifestarse´ - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña

viernes, 22 de mayo de 2009

Los privilegios de sus señorías

A cara (literalmente) duns poucos Los privilegios de sus señorías - Galicia - La Opinión A Coruña
E a cruz doutra gran parte da sociedade Más de 12.000 coruñeses reciben este mes alimentos de Cruz Roja - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña

E mentres a seguir utilizando as normas aprobadas por eles para contnuar gozando destes privilexios. A reforma da Lei da Función Pública contradí a Europa - Xornal.com

Será hoxe cando se reúna a Mesa Xeral de Negociación de Empregados
Públicos, na que o único punto da orde do día é a modificación do artigo 35 da Lei da Función Pública para suprimir a obriga de realizar en galego, como mínimo, unha das probas das que constan os procesos selectivos

Cando lles interesa si que son quen de facer reformas rápidas da norma, pero sempre atopan dificultades cando afecta as súas prebendas.

Aínda que agora teñen unha boa oportunidade para demostrarnos con feitos todo co que se enchen tanto a boca, sobre todo nestes tempos de campaña electoral. Aproveiten para DEROGAR O PLUS VITALICIO PARA OS ALTOS CARGOS que toda a cidadanía rechaza.

E para rematar un exemplo máis da posta en valor e a inversión en tecnoloxía de vangarda tan necesaria para que a clase política poida facer o seu traballo con dignidade, garantizando así o ben común e as coberturas sociais dos galegos e galegas.

Galerías - Xornal.com

El PSdeG defiende sus reformas de San Caetano y dice que el PP ha demostrado que «non había luxo»

jueves, 21 de mayo de 2009

O GALEGO MEDRA CONTIGO no CASTRILLON

Continúa o programa de actividades "O galego medra contigo" , unha carpa móbil que está percorrendo diferentes barrios da cidade para que os cativos e cativas poidan gozar en familia cun amplo programa de actividades, que inclúe concertos, monicreques, talleres.....

Máis información no enlace seguinte:
http://snlacorunha.blogaliza.org/files/2009/04/letrasgalegas09_acoruna2.png

O sábado 13 de xuño a carpa intálase no Barrio, na praza de Pablo Iglesias. A entrada é de balde. O programa é o seguinte

11.00 Animación na rúa a cargo de Manicómicos
11.30 Xogos
12.30 Teatro de monicreques “ O espírito do bosque” da compañía de teatro de Títeres Falcatrúa
17.00 Actuación musical: Cancións para Antía
18.15 Teatro infantil: Remoldiño vai á feira, da compañía Casa Hamlet


Un estupendo plan para un día de diversión familiar no barrio. E unha boa iniciativa do Concello. Que siga e que medre. Non faltedes.

Sobre a posible folga de autobuses

O asunto dos buses continúa de actualidade. Nesta semana pola folga de traballadores prevista para os días 1,5, 8, 12 de xuño e que podería ser indefinida a partires do día 15. E coma sempre, o Concello lava as mans.

El Concello deja la huelga de autobuses en manos de la empresa y de los trabajadores - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña

Os compañeiros do blog busurbano, que podedes aceder na lista dos blogs que seguimos, ofrecen unha completísima información de todo este conflicto. Do último post de busurbano, quedamos coa seguinte afirmación do dono da empresa, o sr. Prada:

«Ni a nosotros ni al ayuntamiento nos gusta subir el
precio del autobús, pero a
veces es inevitable, los costes están ahí, no se
puede hacer una gestión de un
servicio sin la correspondiente remuneración
de los costes».

Uff. Que medo da.

O VENTORRILLO PROTESTA

Os veciños do Ventorrillo decidiron finalmente facer unha CONCENTRACIÓN VECIÑAL para pedir que se apliquen as medidas para a erradicación do mercado de droga de Penamoa.


Xoves 28 de Maio ás 20:30 horas, desde a AVV ata a rúa Mosteiro de Caaveiro.


Noraboa. Se algúen coñece e padece os efectos colaterais do tráfico e trapicheo dun mercado da droga son os veciños do barrio do Ventorrillo. Todo o noso ánimo e apoio nesta loita.


Deberíamos sumarnos o resto dos barrios da cidade para amosar o noso rechazo á permisividade dos responsables, e sobre todo do Concello, ante certo tipo de delitos que atentan en moitas direccións contra a harmonía social e a convivencia.

lunes, 18 de mayo de 2009

Nota informativa Asociación Veciños

A Asociación de veciños O Cruceiro-Oza-Urb. Soto nos achega a información sobre a reunión mantida o pasado 13 de maio.
Nesta reunión tratáronse 2 dos temas que máis se están a debatir no barrio :
- A adxudicación das vivendas VPO da rúa Oleoducto, e o realoxo masivo de familias procedentes de asentos chabolistas
- Os últimos cambios de autobuses que afectan a esta zona. Poden ler toda a información pinchando en información reunión 13-5-09

Facemos un extracto do relacionado co cambio dos buses:

- En los próximos días se iniciará una campaña informativa con trípticos, que se entregarán a los usuarios en los propios buses, aparte de las que nos vayan entregando, y que esta AVV repartirá a los interesados.
Del mismo modo, se solicitará una reunión con la concejalía de transportes, ya que una vez conocida la postura de los vecinos de este barrio (una vez recogidas las más de 1900 firmas, estudiada la propuesta y acordado en asamblea en esta A.V.V.), para trasladar nuevamente y negociar mejoras, recogidas por nuestros
vecinos y socios, que en principio (al margen de que surjan nuevas propuestas y
aportaciones por partes de los vecinos) y en resumen son las siguientes…

Se recuerda que seguimos reivindicando las líneas que existían antes de los cambios, 1, 12 y 12A, pero con una mejor frecuencia.
Se acuerda no aprobar ninguna propuesta que no suponga la vuelta a la situación anterior.
Se acuerda negociar mejoras en las líneas que se van a implantar, ya que nuestro rechazo no va a impedir su puesta en marcha.
Las mejoras que se van a negociar son:
· Línea 12ª: que en lugar de dar la vuelta en la glorieta del pavo real vaya por Manuel Murguía, Paseo de Ronda y Avenida de Peruleiro, para regresar a la Ronda de Outeiro, con una parada próxima a Sanidad y el Sanatorio Modelo.
· Línea 1: que regrese del Hospital Abente y Lago por el recorrido de ida (Cuatro Caminos, Estación de autobuses, Avenida de Monelos), en lugar de hacerlo por la Avenida del Ejército.
· Línea 4: podría ser complementaria o alternativa a la anterior. Que circunvalase el Barrio de las Flores en sentido inverso (de Matogrande hacia Eirís), que subiese por la calle Oleoducto, plaza de Pablo Iglesias, avenida de los Caídos y avenida de
Monelos.


Agradecemos a Asociación O Cruceiro a achega deste documento ó Blog para información de todos, e emplazamos ó resto para que nos achegue todo aquelo que poida ser de interese para todo o barrio

viernes, 15 de mayo de 2009

10 de xuño: novos cambios dos buses

O mércores 10 de xuño é o día no que se farán efectivos os novos cambios (e xa son os segundos no que vai de ano) de buses urbáns.
Un novo parche, xa que incorporando 2 autobuses máis non se arranxa o deficitario servicio do transporte público nesta cidade. Pero é o que temos.

E os "cambios" que afectan ó Castrillón parece que quedan así, como se reflicte en La Voz de Galicia:
Entre los cambios que menciona Transportes está que la línea 1 unirá el hospital Abente y Lago y la plaza de Pablo Iglesias y con ello «da respuesta a los vecinos de los barrios Monelos, Castrillón y Cuatro Caminos de tener una mejor conexión» con el mencionado centro hospitalario, siendo la frecuencia de la línea de unos 18 minutos.
La línea 12A unirá la glorieta del Pavo Real y el hospital universitario, sustituyendo a la línea 15 que se suprime, «y permite una mejor conexión de barrios como Monelos, Castrillón, Peruleiro o Mariñeiros». La frecuencia será de media hora.

Los vecinos del barrio del Castrillón manifestaron ayer su desacuerdo con los nuevos cambios en las líneas de autobuses llevados a cabo desde el Ayuntamiento por considerar que aumentan la frecuencia y no solucionan una situación «insostenible» en el servicio de transportes del barrio.Aun así, y «dentro de lo malo», la junta directiva de la asociación vecinal propone cambios en el 12-A con una parada que acerque a los vecinos a los servicios sanitarios. Asimismo, reclaman que los buses de la línea 1 realicen un recorrido idéntico en tanto la ida como en la vuelta para solventar problemas de frecuencia y transbordo. «Sabemos que es difícil, pero 1.900 firmas nos avalan», recalcaron.

E sobre esta última parte, desde o Blog seguimos preguntándonos: de cal asociación de veciños falan? Insistimos que aquí temos 2 asociacións con posturas ben distintas e que para defender os intereses de todos os veciños do barrio deberían unirse e ir cunha proposta única.

Podedes ler o resto da información neste artigo de La Voz: Las obras de Juana de Vega retrasan los cambios de buses al 10 de junio

jueves, 14 de mayo de 2009

Asamblea Veciños do Ventorrillo para loitar contra o tráfico de drogas en Penamoa

Desde o blog do Ventorrillo fan unha invitación a todos os veciños de Coruña a esta asemblea, onde se vai expoñer as medidas para intentar pór freo ó tráfico de drogas en Penamoa.

Miércoles 20 a las 20 horas ASAMBLEA VECINAL PARA ELEGIR LAS MEDIDAS A TOMAR CONTRA EL TRÁFICO DE DROGAS

No barrio do Ventorrillo e arredores levan sufrindo desde fai moitos anos os negativos e nefastos efectos de ter ó lado o poboado de PENAMOA, confirmado por todas as autoridades competentes (excepto o Concello da Coruña) como o MAIOR MERCADO DE DROGA DO NOROESTE PENINSULAR.
O curioso deste caso en particular é que a AVV Ventorrillo, coñecida como unha das asociacións veciñais máis afíns ó Concello , e a súa presidenta, defensora a ultranza de todo canto viña do goberno municipal, deran un xiro tan drástico e que esta cega e fidel confianza rematara.

Desde aquí aplaudimos este espertar da Asociación de veciños durmidos do Ventorrillo, que queren que lles solucionen dunha vez o grave problema que padecen desde hai máis de 20 anos e nos solidarizamos con estes veciños.

A ver si no barrio espertamos tamén dunha vez, nos deixamos de tanto politiqueo e traballamos unidos para esixir o que nos corresponde, e non seguir tragando sólo con promesas, xa que 12 anos de espera é prazo (e paciencia) máis que suficiente.

martes, 12 de mayo de 2009

Reclamacións, Peticións, Suxestións... ó Concello

Se queremos reclamar algún servicio ou facer algunha suxestión para o barrio, o Concello pon a nosa disposición diferentes canles.

- Uha delas é a chamada SyR (Suxestións e reclamacións) do que engadimos o Formulario , para "identificar e comunicar algunha deficiencia na prestación dos servizos municipais, ou se quere manifestar o seu desacordo coas condicións ou compromisos dos devanditos servizos ofertados polo Concello" .

- Ademáis deste formulario, podemos facer as mesmas reclamacións a través do servicio 010 do Concello, un dos poucos servicios eficientes e áxiles que ten o Concello.

Por exemplo, moita xente non sabe que os veciños temos dereito a que se manteñan as nosas fachadas limpas, polo tanto, cando algún vándalo, maleducado, ignorante, paleto, insolidario e/ou porco faga unha desas ridículas pintadas que semellan firmas no noso portal, garaxe, fachada.... podemos (e debemos) reclamar que no-la veñan limpar a través do Formulario , ou a través do servicio 010 (mediante chamada telefónica).

Tamén se pode reclamar a retirada de vehículos abandonados, a reposición de alumbrado, ou calquer mobiliario urbán estropeado, a limpeza e mantemento de prazas, xardíns, etc, etc, etc.

Todo o que vexamos necesario para manter en condicións o lugar no que vivimos

É importante que utilicemos estos medios para, entre todos, mellorar o entorno do noso barrio e as súas estructuras.
E para trasladar unha mensaxe crara e rotunda ós nosos políticos: que nos importa o Barrio, que queremos mellorar o noso entorno, que demandamos a calidade de vida correspondentes ós impostos que pagamos e que esiximos que nos traten igual que os veciños que viven no centro da cidade.

El sitio de mi recreo

Acaba de deixarnos un grande poeta, un estupendo músico e un desgraciado ser humano de alma torturada.
Deixámosvos cun dos seus temas máis fermosos: "El sitio de mi recreo"

Ata sempre, Antonio. Descansa en paz.

Limpeza de vangarda para os barrios da cidade

http://www.20minutos.es/noticia/467869/0/maquinas/limpieza/coruna/

Limpiarán más cada barrio de la ciudad con máquinas
menos ruidosas.

Una brigada especial vigilará 24 h.
Llevan GPS, retiran cacas de perro, borran pintadas...


Esperamos que nesto non se volvan a esquecer do Castrillón posto que aquí hai moitísimo traballo que facer, xa que de cacas de can e pintadas estamos na vangarda da cidade.

E se non, pasen e vexan, unhas pequenas mostras do moito que teñen que facer no noso barrio:








Así que benvidas estas maquiniñas vangardistas de limpeza para que o eslogan "Coruña, naturalmente"se convirta en realidade. Tamén no noso barrio.

lunes, 11 de mayo de 2009

Reunión Xeral na Asociación de Veciños O CRUCEIRO-OZA-URBANIZACIÓN SOTO

A Asociación de Veciños O CRUCEIRO-OZA-URBANIZACIÓN SOTO solicítanos facilitemos infomación sobre a Reunión Xeral que terá lugar este mércores 13 de maio, ás 21 h. no local da asociación.


REUNIÓN GENERAL
(Puede asistir cualquier persona aunque no sea socia)

LA A.V.V. O CRUCEIRO-OZA-URB.SOTO, LES INFORMA DE QUE EL MIÉRCOLES, 13 DE MAYO, CELEBRAREMOS UNA REUNIÓN PARA TRATAR E INFORMAR , EN RELACIÓN A:

- INFORME SOBRE EL PROCESO Y ACTUACIONES A REALIZAR SOBRE LA INTEGRACIÓN DE NUEVAS FAMILIAS DE CHABOLISTAS EN NUESTRO BARRIO (EDIF.DE EIRÍS-C/OLEODUCTO).

- INFORME SOBRE LAS MODIFICACIONES DE LAS LÍNEAS DE AUTOBUSES.
- CAMBIOS EN LA JUNTA DIRECTIVA

FECHA: 13-05-2009
HORA: 21:00 HORAS.

LUGAR: LOCAL DE LA A.V.V O CRUCEIRO.
Avda. de los Caídos, 194 – Bajo.
LE AGRADECEMOS DE ANTEMANO SU ASISTENCIA
.


A VV O Cruceiro-Oza-Urb. Soto
Avd. de los Caídos, 194 – b
15009 A Coruña
Tel. 981 288 848
avcruceiroza@yahoo.es


Copiamos tamén a nota informativa que nos envían expoñendo as súas RAZÓNS PARA NON APROBAR O CAMBIO DE AUTOBUSES.

Esta AVV. no aprueba los cambios, una vez hecha la recogida de firmas, respecto a la situación actual de las líneas de autobuses, obteniendo como resultado más de 1900 firmas que manifiestan su desacuerdo y enfado con el funcionamiento actual, se realiza VOTACIÓN CELEBRADA EN EL LOCAL DE LA AVV O CRUCEIRO-OZA-URB.SOTO, EL MÍERCOLES DÍA 15 DE ABRIL DE 2009, A LAS 21:00 HORAS, con
respecto a los cambios propuestos en las líneas de autobuses:
Los motivos que se aluden y exponen por parte de los vecinos son los siguientes
La valoración que realizamos los vecinos del Castrillón-Urbanización Soto de la propuesta de servicio de transporte urbano realizada desde esa Concejalía es la siguiente:
1. Línea 1:
1. Mejora con el acceso al Hospital Abente y Lago y el regreso del mismo.
2. No mejora su frecuencia de forma significativa.
2. Línea 14:
1. Eleva la frecuencia de autobuses con respecto a la anterior línea equivalente.
2. La duración del viaje hasta Los Rosales se alarga de forma desmesurada, lo que la hace inutilizable para cualquier usuario. Se considera innecesario el recorrido que va de Los Castros a Pérez Ardá por Cuatro Caminos, que además posee mucho tráfico, 13 semáforos y un número incontable de pasos de peatones, para acabar a los pies del barrio antes de iniciar su recorrido útil. Sería más lógico y ágil el recorrido que desde los Castros accediese a la Ronda de Outeiro desde la avenida del Ejército (en la Gaiteira).
3. Línea 12A:
1. Es complementaria de la anterior.
2. No aporta ningún servicio nuevo al barrio, salvo el acceso al CHUAC, que ya existía antes de los cambios.
4. Castrillón – Est. Autobuses – Cuatro Caminos: está bien resuelto con la línea 1. El servicio inverso de regreso no estaría cubierto.
5. Castrillón - Ciudad Jardín: existía y con la nueva propuesta se pierde. La alternativa con la propuesta sería desplazarse a Cuatro Caminos en la línea 1 (también con la línea 14, pero este desplazamiento es muy lento) y hacer transbordo. Para el recorrido inverso habría que hacer un doble transbordo.
6. Las frecuencias del transporte urbano en una ciudad con climatólogía adversa durante buena parte del año no deberían ser superiores a 10 o 15 minutos, lo que está muy lejos de la realidad y de la propuesta que se nos ofrece.
7. Los desplazamientos hasta las paradas no deberían ser grandes, ya que el barrio se asienta sobre una loma con una altura que oscila entre los 60 y los 70 metros, frente a los 8 metros de Monelos y los 30 metros de Los Castros, lo que hace que cualquier desplazamiento sea siempre en fuerte desnivel.
8. Los transbordos no son una solución con las frecuencias actuales.
Por todo lo anterior, concluimos que no se puede aceptar la propuesta por cuanto supone un paso atrás en el servicio de transporte para el barrio con respecto a la situación anterior (nos referimos a la situación de noviembre), aunque mejore a las actuales líneas.
Reconociendo el buen trato y la buena disposición de esa Concejalía hacia nuestro barrio, escuchando nuestras propuestas y recogiendo algunos cambios puntuales en el servicio, solicitamos que se mantega el servicio que existía anteriormente, líneas 1, 12 y 12A, mejorando su frecuencia.

Desde o blog queremos agradecer á Asociación O Cruceiro, que atendese a nosa chamada que aparece no post María Pita pide a O Castrillón 15 días de prueba para estudiar los cambios en las líneas de bus e nos envíe as súas propostas para que os veciños poidamos coñecelas de primeira man.
Esperamos que cunda o exemplo.


sábado, 9 de mayo de 2009

María Pita pide a O Castrillón 15 días de prueba para estudiar los cambios en las líneas de bus

Así o recolle o Blog busurbano.
no.tk Noticias: María Pita pide a O Castrillón 15 días de prueba para estudiar los cambios en las líneas de bus.Blog busurbano www.busurba


Desde o Blog do Castrillón nos gustaría subliñar que estas reclamacións son da Asociación IAR, unha das dúas asociacións de veciños que temos no barrio. NON SON AS RECLAMACIÓNS DOS VECIÑOS DO CASTRILLÓN.

O que non estaría de máis é que as dúas asociacións veciñais aparcaran as súas diferencias políticas e demostraran que defenden os intereses de todos os veciños, uníndo posturas e unificando criterios en temas fundamentais para o desenvolvemento do barrio. E o Transporte Público é un deles.

Desde o blog invitamos a Asociación IAR e a da Urbanización Soto a que nos envíen as súas propostas para dalas a coñecer ós veciños, xa que os carteis que circularon polo barrio resultan un pouco confusos, abrindo unha vía de debate e diálogo real e efectivo para buscar a mellor das solucións para a nosa zona.

O que reclamamos desde o blog do Castrillón é un transporte público, eficaz e sostible: máis buses, máis liñas, máis frecuencia, máis barato. E para todos os barrios da cidade.

O que non queremos é que nos sigan considerando un barrio de segunda, xa que pagamos impostos de primeira. Recordarlle ós responsables municipais o eslogan do noso blog:

O Castrillón tamén existe
Aquí tamén vivimos veciños de A Coruña. Aquí tamén pagamos impostos.
E como cumprimos coas nosas obrigas, esiximos que se respeten os nosos dereitos. Aquí tamén temos voz. E voto.

O servicio municipal de canguros duplicará o número de prazas

O próximo luns comeza unha nova etapa do servicio de canguros municipal (Servizo de Atención á Infancia para a Conciliación de Vida Laboral, Familiar e Persoal). Un dos puntos é o centro cívico do Castrillón.
Aplaudimos este tipo de iniciativas, tan demandadas e tan necesarias nos tempos nos que vivimos.

La voz de Galicia: Este servicio de Canguros se dirige a dos colectivos: a niños con edades comprendidas entre los cuatro meses y los 12 años, por un lado, y a sus padres o tutores responsables, por otro.

El servicio de canguros trata de ser «una herramienta flexible y multifuncional, a la que se puede acceder en diferentes momentos y horarios conforme a la necesidad de cada unidad familiar», afirma el Ayuntamiento.
Se dispone de una oferta puntual o discontinua, los espacios de atención a la infancia de carácter colectivo. Para dar respuesta a las necesidades de carácter extraordinario se ofrecerá atención domiciliaria.


Cada intervención se realizará de manera personalizada como resultado de un contacto previo con la unidad familiar para tratar de dar respuesta a sus necesidades. La coeducación, educación en igualdad que evita la transmisión de estereotipos de géneros, será el principio fundamental del proyecto.

El Ayuntamiento podrá establecer tasas o precios públicos por la prestación del servicio según los ingresos económicos y las características de la unidad familiar. En tanto que no sean establecidos el servicio será gratuito.
Asimismo, la iniciativa contempla dos modalidades de atención. En primer lugar, los espacios de atención a la infancia de carácter colectivo, donde se proporciona de modo no regular el acogimiento y desarrollo de las actividades de carácter lúdico-educativo dirigidas a grupos de menores de edades comprendidas entre los 4 y 12 años, y que estarán ubicadas en el centro cívico de Los Rosales, el del Castrillón y el de Monte

Máis información nos seguintes enlaces:

Hemeroteca :: O luns empeza unha nova etapa do Servizo de Canguros Municipais

El servicio municipal de canguros duplicará su número de plazas

Los canguros municipales serán gratuitos para las familias con menos recursos - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña

viernes, 8 de mayo de 2009

La asociación vecinal IAR rechaza en asamblea los cambios en las líneas de los buses

La asociación vecinal IAR rechaza en asamblea los cambios en las líneas de los buses

El Ideal Gallego Digital Los vecinos de O Castrillón aseguran que no pararán hasta que el transporte público mejore

Estamos absolutamente dacordo co titular do Ideal: non debemos parar ata que se mellore o transporte público.
O que non temos claro é o que demanda a Asociación IAR, porque os anteriores cambios o único que causaron foi un grande malestar ós usuarios habituais deste servicio público, xa que empeoraron notablemente a comunicación do noso barrio.

No blog témolo moi claro:
Máis buses, máis liñas, máis frecuencias, e menos custo. E por suposto, sen trasbordos.
Ou outras alternativas de transporte público.

Aínda que nos dá que esto non o vai consentir a empresa privada que xestiona o transporte público nesta cidade.

miércoles, 6 de mayo de 2009

O respeto deste Concello polo patrimonio histórico e cultural

Alucinante. Se o Concello non respeta o patrimonio histórico-artístico e cultural, qué podemos esperar do resto¡¡

Copio e pego algún extracto das noticias que aparecen sobre esta nova. O resto da información está nos enlaces correspondentes

La Opinión: "La asociación Bardos Cultural ha solicitado a la Fiscalía que investigue la construcción del nuevo parque de Oza porque provoca "daños irreparables incuantificables" en la zona. La entidad coruñesa también se ha puesto en contacto con la Consellería de Cultura para que inspeccione las obras y garantice la conservación de los elementos de valor patrimonial, y ha advertido al Ayuntamiento de que se han destrozado dos fuentes y un aljibe".

Bardos Cultural pide al fiscal que investigue el abandono de Oza - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña

La Voz de Galicia: "La asociación Bardos Cultural denunció ayer ante la Fiscalía del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que en la zona donde se está construyendo el nuevo parque de Oza «recientemente ha desaparecido en su totalidad otra de las cuatro fuentes existentes y conocida popularmente como la fuente de la Muralla, desconociendo su actual paradero ya que todas las fuentes consultadas al respecto dicen no saber nada de ello». ....«han desmontado otra pieza fundamental de este conjunto artístico de fuentes, la conocida como la fuente circular, de dos plantas de alzada, de cantería como las restantes, y han trasladado su parte superior a un espacio distante de su lugar original, a la entrada del recinto de las obras, desconociéndose los propósitos, ya que la explicación facilitada por un funcionario municipal mucho hace pensar que será también llevada».
Bardos denuncia ante el TSXG la desaparición de una fuente

E parece ser que non é a primeira nin a segunda vez que ocorre algo similar nestes terreos.

E nós nos preguntamos: a dónde será tamén levada? Por qué? Para qué? A quen lle botarán a culpa e responsabilizarán desta nova desfeita? á empresa adxudicataria? á Xunta? ós veciños?.

Esperamos que non utilicen esto como nova excusa para seguir incumplindo os compromisos adquiridos co barrio.

lunes, 4 de mayo de 2009

Máis que actos vandálicos.

No post Actos vandálicos en Eirís un veciño nos comentaba o feo costume que parece se está poñendo de moda no barrio, o de entrar nos garaxes alleos para facer falcatruadas e desfeitas varias.

Pois esta fin de semana entraron de novo (e polo que me comentaron xa é a terceira nestes dous últimos meses) noutro dos garaxes do barrio, no da rúa José María Hernánsaez, no que os asaltantes adicáronse romper cristais coa intención, suponse, de sustraer obxectos de valor (entre eles os mandos de entrada que, xenerosamente, algúns usuarios e usuarias deixan á vista).


Xa son demasiados incidentes deste tipo ultimamente no barrio: cando non rompen cristais, raian os coches, valeiran os extintores ou forzan os trasteiros para roubar.

Espero que estas comunidades de veciños fixeran a súa correspondente denuncia e que os veciños afectados fixeran o mesmo de xeito individual, porque como todos sabemos, se non existe denuncia, non existe o delicto e polo tanto as autoridades non consideran necesario un aumento da vixiancia na zona.

Aínda que a solución é bastante sinxela e de sentido común. E en moitos casos está nas nosas máns e é responsabilidade nosa coma veciños, como poden ser:

-Asegurarse de pechar ben as portas de acceso ós inmobles (portais)

- Esperar a que peche as portas de acceso ós garaxes

- Non abrir a descoñecidos, nin ós da publicidade (para eso existen os buzóns externos) .....

Nada raro, complicado nin traballoso para ninguén.


Neste caso aínda é máis grave pois este garaxe é tristemente coñecido por ser onde se producíu unha agresión sexual fai 2 anos. Hoxe precisamente falan desto na prensa.
El fiscal pide 118 años de cárcel para el violador del chándal pese a la escasez de pruebas

Pero parece que non damos aprendido, ata que nos toca de cerca. Entón somos os primeiros en poñer o grito no ceo esquecéndonos de todas as veces nas que pola nosa desidia e deixadez puidemos pór en situacións de perigo a nós mesmos e ós nosos veciños e veciñas.

sábado, 2 de mayo de 2009

Guerra de Asociacións

Segue o conflicto polos cambios no Transporte ¿público? coruñés. Un lío de tres pares. E as asociacións veciñais coma ven sendo habitual, tirándose os trastos.
En lugar de estudiar as necesidades reais e de exigir todos xuntos que dunha vez neste concello se poñan as pilas para que todos os barrios teñamos un transporte público digno, eficiente e sostible, se invirte un tempo precioso en desacreditacións persoais, partidistas e interesadas. No barrio estamos acostumados a estos líos, xa que as nosas dúas asociacións están nas antípodas unha da outra. E por suposto, neste asunto non ía ser menos.

É noticia recurrente nestas dúas últimas semáns en case que todos os periódicos. En La Opinión e La Voz de Galicia se reflicte así:

Vecinos del Castrillón tachan de «irreal» la propuesta municipal sobre los cambios en los buses

La Voz de Galicia
El Ayuntamiento revisa los cambios en las líneas de buses por las protestas vecinales - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña

La federación de asociaciones de vecinos apoya los cambios en las líneas de autobuses - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña

La asociación de Peruleiro critica a Verdini por rechazar los cambios en las líneas de bus

El PP reclama mejoras en el bus urbano en O Castrillón y Os Rosales - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña

En breve publicaremos unha enquisa para coñecer da man dos veciños usuarios do bús cales son as necesidades do noso barrio.