martes, 27 de octubre de 2009

Centro de Día para os maiores e Escola Infantil en Eirís

Non ían ser todo malas noticias.

Parece que imos ter un Centro de Día para os nosos maiores e unha Escola Infantil en Eirís

Desde o Blog esperamos que non se quede só nunha primeira pedra e que cumpran por unha vez cos prazos previstos, que no barrio estamos moi cansos de primeiras pedras e prazos que non se cumpren como no caso do Polideportivo con piscina do Castrillón ou no parque de Oza.

Segundo o proxecto inicial, o centro de día para a terceira idade contará con 80 prazas e a escola infantil abrirase con 82. Aínda que o complexo levantarase nunha parcela única de 5.700 metros cadrados na zona de Oleoduto, nun solar de pronunciada pendente, e contará cunha superficie edificada de 2.182, os dous recintos serán independentes e contarán con accesos separados, comedor, cociña e áreas de esparexemento propias. Compartirán espazos comúns, como o xardín e o aparcadoiro.
A idea inicial das administracións é acelerar ao máximo a execución, para dar resposta ás demandas dos cidadáns, e o prazo máximo de execución establecido é de doce meses
.

Ler o resto da noticia en O día 2 colocarase a primeira pedra do centro da terceira idade de Eirís

Fonte: La Voz de Galicia

3 comentarios:

  1. ¿Y donde va a estar? En la cuesta de la carretera que no esta acabada?

    ResponderEliminar
  2. Pues dando una vuelta por el barrio, ya se donde está. Esta entre la nueva tirolina y los edificios nuevos de la calle oleoducto

    ResponderEliminar
  3. Si creo que é por alí máis ou menos onde queren situalos. Hai terreo dabondo para a construcción.

    ResponderEliminar