sábado, 24 de octubre de 2009

O bochornoso espectáculo das adxudicacións

Seguimos co cruce de acusacións políticas neste asunto.

O mércores 21 como aparece en La Voz de Galicia, Longueira acusa al PP de manipular a los vecinos de Novo Mesoiro y Eirís

O xoves 22 Más de 200 vecinos del Ventorrillo piden el fin de la droga a las puertas de Penamoa

O 23 na Voz de Galicia sae a noticia de que Proponen «permutas» con los adjudicatarios de Eirís y Mesoiro para evitar «guetos verticales»

Pero ese mesmo día, en La Opinión El Concello rechaza cambiar de barrios a chabolistas con piso

A mesma mensaxe que volveu a repetir o sr. Alcalde en Radio Voz, onde deixou moi clariño que quere realoxar, perdón, integrar a 22 familias , algunha delas de penamoa, no noso barrio. Algo que desdí o que tantan veces repetíu, e segue repetindo nas actualidade, de que non ía a realoxar a ningunha familia da conflictiva barriada.

E hoxe sábado La Voz de Galicia volve a recordarnos que El gobierno local denunciará las irregularidades que detecte en las adjudicaciones de Mesoiro e Eirís


E en La Opinión insiste: El alcalde amenaza con llevar a la Xunta ante los tribunales por los pisos de Eirís

E mentras se tiran os trastos, se acusan mutuamente de quen é o culpable desta penosa situación e seguen dando mostras da pouca talla política e de irresponsabilidade social, os veciños de dous barrios seguen preocupados, alarmados e indignados.
E os adxudicatarios, desamparados.

Excelente comezo para unha integración responsable e solidaria. E todo un exemplo de talante, claridade e transparencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario