Ante a política galegófoba do actual goberno da Xunta e contra o anunciado decreto contra o galego, a plataforma cidadá Queremos Galego convoca unha concentración na Praza do Obradoiro de Santiago para o mércores 30 de decembro ás 17.00.
Desde o Blog do Castrillón concordamos en que non se pode consentir esta situación de retroceso e desprotección dos nosos dereitos lingüísticos, artellando medidas regresivas para variar o consenso acadado por todos os partidos e respetado durante anos.
Vémonos en Santiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario