miércoles, 2 de diciembre de 2009

Pasiño a Pasiño…..no parque de Oza

La Voz publica que A Mesa de Contratación do Concello abriu onte as plicas económicas das empresas que optan a execución da segunda fase das obras de construción do novo parque de Oza.

As ofertas económicas oscilan entre os 2-2,8 millóns Euros polo que o Concello aforrarase polo menos medio millón de euros sobre a súa previsión inicial de investimento, que ascendía a pouco máis de tres millóns de euros.

A Mesa de Contratación terá que facer pública a súa resolución nos próximos días, aínda que os prazos indican que a nova fase da zona verde que unirá o Castrillón e a Gaiteira estará lista despois do próximo verán.


Toda a noticia en Dragados perfílase como o adxudicatario da segunda fase das obras do parque de Oza

Fonte: La voz de Galicia


A ver si vai desta.
E esperamos que se teña máis coidado e non se continúe coas desfeitas contra o patrimonio cultural que se están permitindo , como denunciamos en varios post do Blog (A Fiscalía investigará ó Concello pola destrución de restos históricos no parque de Oza; Máis desfeitas no parque de Oza)

No hay comentarios:

Publicar un comentario