martes, 11 de mayo de 2010

Celebración do Día das Letras Galegas no CCM Castrillón

O 12 de maio comezan os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas no Centro Cívico Municipal do noso barrio.

Como ben sabedes este ano está adicado ao grande Uxío Novoneyra.
Novoneyra foi un dos poetas máis relevantes en lingua galega de todos os tempos. A obra do poeta estea enraizada na tradición e no popular, aínda que tamén e o mesmo tempo, vangardista.
Fillo de labradores, naceu na montaña lucense, en Parada do Caurel en 1930, e dedicou a súa obra a inmortalizar a bela paisaxe da serra.Vinculado tamén ás vangardas, na súa obra destaca o lirismo da palabra.

MÉRCORES 12 DE MAIO
ÁS 17:30 HORAS
· REPRESENTACION TEATRAL DA OBRA:”O NOSO MERLIÑO”. GRUPO DE TEATRO DO CONCELLO DE CULLEREDO

ÁS 18:15 HORAS
· ACTUACIÓN DA CORAL DO CENTRO CÍVICO

MÉRCORES19 DE MAIO
ÁS 18:30 HORAS
REPRESENTACION TEATRAL DA OBRA:”POESIA PARA DAR E TOMAR”. GRUPO DE TEATRO EOLO

ADICADO A UXÍO NOVONEYRA MES MAIO – MOSTRA BIBLIOGRÁFICA NA BIBLIOTECA

Máis información no propio Centro Cívico ou en A cidade que le a Uxío Novoneyra: mostra na Btca. Municipal Castrillón

No hay comentarios:

Publicar un comentario