lunes, 6 de abril de 2009

Integración ou realoxo?


Esta entrevista publicada na Opinion non ten desperdicio. Moitos cremos na integración, de feito vivimos integrados e convivimos sen maiores problemas. O que non aceptamos son os realoxos masivos que favorecen a formación de guetos.

Suxírolles ós ¿responsables? do noso Concello que se comuniquen cos de Avilés, aquí ó lado, en Asturias, e que lles soliciten información sobre o estupendo plan de integración no que levan traballando tanto tempo, e polo que recibiron en dúas ocasións o Premio Habitat que conceden as Nacións Unidas polo plan de erradicación do chabolismo.
Para os que non coñezan este plan exitoso vou dar dúas pinceladas a modo de exemplo:
- 1ª Premisa: Non máis de 1 unidade familiar para integrar por bloque de comunidade de veciños
- Esixencias e obrigas (que levan a cabo con rigorosidade absoluta):

- Non permiten a máis xente que a que apareza na unidade familiar que solicitou a vivenda

- Esixencia de integración na Escola, na Comunidade de veciños, no Centro de Saúde, etc, cos mesmos dereitos e coas mesmas obrigas que o resto dos cidadáns.

- Respeto ás normas e a lei establecida en xeral.

Canto nos soa esto ¿verdade? Seremos tan marcianos neste barrio coas nosas reivindicacións? Pois xa vemos que non, que as experiencias positivas, a lei e o sentido común nos avalan, porque estamos pedindo o mesmo: que se faga un realoxo responsable e para que a integración sexa efectiva e real.

2 comentarios:

  1. Sempre en Eirís7 de abril de 2009, 8:30

    Esto é o que reivindicamos a maoría. Un plan de integración serio e responsable. Moi ben o recordatorio do modelo de Avilés. A ver se atopo algún reportaxe que teño visto sobre este plan en concreto. Un exemplo a seguir, cuns resultados espectaculares de integración. Estamos fartos de dicilo, non ten nada que ver con racismo, porque como sempre digo, a este barrio ninguén pode vir darnos leccions sobre integración, ninguén, porque nos levamos moitos anos convivindo con varias comunidades de etnia xitana e procedentes de asentamentos chabolistas, perfectamente integradas. Xa pasamos por ese proceso. Por eso esiximos que o realoxo sexa solidario en todos os barrios da cidade, sen excepción, xa que si son barrios consolidados para outras etnias, por qué non van selo para a etnia xitana; eso sí que é racismo e segregación. Pero como non convén escoitar os argumentos de peso e contrastados, é mellor lanzar cortiñas de fume para conseguir o obxectivo: Que desapareza Penamoa, sen ter en conta as consecuencias de desmantelar e realoxar o maior mercado de droga de toda a cornisa cantábrica. Esto é demasiado importante como para tomalo tan a lixeira e desta forma tan pouco responsable. Para finalizar, hai comentarios moi acertados de xente do lugar

    ResponderEliminar
  2. Como case sempre, coincido contigo. Certas posturas guionizadas confírmanme cada vez máis de que o que lles interesa ós políticos é desviar a atención do importante, para centrarse no convinte os seus intereses. E neste caso moito máis. Unha das cousas que máis me amola é que utilizan os mesmos métodos que critican no contrario, igual de suxos e indecentes. Se atopas o vídeo, faínolo chegar para publicalo.

    ResponderEliminar