martes, 14 de abril de 2009

O concello da Coruña axiliza o plan de obras cun crédito de ¡13.345.000 euros ¡¡

El Ayuntamiento agiliza el plan de obras con un crédito de 13 millones

E unha vez máis o noso Barrio volve a sair nos papeis:

- Continuación do Parque de Oza. (A estas alturas xa custa crelo. Xa veremos.)
- Polideportivo do Castrillón: 250.000 euros. (Supoñemos que dará para repoñer o letreiriño publicitario que arrancou o último temporal, pero d esta vez máis grande. E o que sobre para colocar a primeira pedra.. ).

Pero a cambio nos dan 1,5 millóns para o novo centro cívico de Eirís, que din que é a resposta a un compromiso co benestar social de todos os coruñeses e de xeito especial cos veciños do barrio. Un inmoble impresionante instalación con salas de actividades, salón de actos e local para a asociación veciñal. Estiman que o centro atenderá unha poboación de 10.000 persoas. Im-presionante.
Pero o dato que máis nos fascina é o do prazo de execución: 8 MESES¡¡¡ .

Si estamos esperando polo Polideportivo, desde o 2003! . E pasados todos os trámites posibles e imposibles, agora invirten 250.000 nun proxecto que valoraron en 15 millóns….
E este proxecto faise en menos de 1 ano.... Inaudito. Extraordinario.
Pois nada, teñen outro ano para facer o noso polideportivo antes da próxima cita no 2011

Outras inversións para os barrios da cidade son:

- seis millones de euros para el plan de pavimentación. Esperamos que algo caia para poñer en valor as nosas corredoiras.
- 200.000 euros para mejoras en áreas infantiles. O nenos do barrio que xogan no parque de Pablo Iglesias, agradecerían moito unha adecuada, segura e salubre área infantil que cumprise a normativa vixente.
- 300.000 euros para obras de ensanche de aceras. Outra da débedas eternas co barrio, no que padecemos situacións surrealistas

En total o Concello terá este ano 80 millones de euros para a execución de perto de 300 proxectos.


Invírtanos ben, por favor. E que se convirtan en realidades, non se queden en promesas, porque de falsas promesas, neste Barrio estamos abarrotados.
E como mostras, algúns atinados comentarios de veciños do Barrio , que cada vez participan máis e amosan publicamente o seu parecer, nesta noticia sobre o mesmo tema do Centro Cívico.

Losada anuncia que Eirís tendrá un centro de día además del local social - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña

3 comentarios:

  1. Noraboa polo blog. Necesitabamos ter un elemento de comunicacion dos veciños porque muitos non sabemos ben a quen dirixirnos para consultar dudas,informacion ou simplemente debatir do que nos pareza. Porque as asociacións de veciños que temos teñen versions ben distintas de todo dependendo para donde viren. Espero que participemos moita xente, eu xa empecei a comentalo para que se animen. Poderiades poñer uns carteles con informacion do blog na biblioteca e no centro civico para que se enteren de que existe, é unha idea.

    ResponderEliminar
  2. Antes me liei e non puxen o comentario que queria facer. O abandono da zona e total e temos que reivindicar o que poñedes no blog, que tamen existimos e vivimos veciños contribuyentes e que temos voz e que estamos cansados de promesas. O da piscina e de flipar porque xa estaba nos presupostos do ano 2003 creo e no programa electoral e por ahora nada. Viria mui ben ademas para o colexio porque as instalacions que ten xa estan quedando pequenas e poderian beneficiarse os escolares e os veciños. Como non se estiren mais neste barrio o levan claro porque si e certo que perderon moitos votos e mas que perderan si non espabilan e si poden facer en un ano un centro civico tamen poden facer en estes dous anos a piscina. jejeje, lo flipamos todos.

    ResponderEliminar
  3. Gracias Boudica. Nós tamén esperamos recibir moitas visitas virtuais dos nosos veciños, para o que eles precisen. Boa idea o de publicitar o blog no Centro Cívico e na Biblio. A ver si nos deixan poñer algo. E gracias por facernos publicidade, o boca a boca é importante para que a xente saiba que existe o blog do Barrio e que poden participar nel con total liberdade, sempre co límite da educación e do respeto. Esperamos verte por aquí a miúdo.
    Sobre o estado do barrio, recordar que buscamos a colaboración de todos enviándonos probas (fotos ou vídeos) dos milleiros de desperfectos e cafradas que nos rodean, para que os nosos gobernantes coñezan de primeira man a realidade da zona,sen que medie ningunha asociación que a maquille. Desgraciadamente temos para dar e tomar. Pois o antedito, esperámoste por aquí.

    ResponderEliminar