miércoles, 15 de abril de 2009

Outra de area e unha de cal......

Parece que non nos cae nada en Iluminación, e non será porque non faga falta.

Pero algunha pedrea vai caendo. O Montiño, esa subida case de 4000, que debe ser unha das costas máis empinadas (con perdón) da cidade, angosta e de dobre sentido circulatorio VANLLE POÑER ACERAS, e incluso conectarán os sumideros á rede de pluviales. ¡¡¡¡¡.


Menos é nada. Cada mellora, incluso as atrasadísimas, son benvidas. E agradecidas.

Pero estas inversións, tan necesarias para o desenvolvemento da zona, non fai que olvidemos a "débeda histórica" co barrio: Aplicar o plan urbán para a zona previsto desde o 1996 e que aínda está sen rematar (tapóns que dividen físicamente o barrio, rúas sen asfaltar, cortadas ou sen rematar, parcelas á monte, prazas-barrizales, aceras deterioradas ou inexistentes.... ). E por suposto non podemos olvidar os clásicos Polideportivo e parque de Oza.

Esperemos que o Concello recupere a memoría dos compromisos adquiridos desde fai tanto tempo. Creo que levamos amosado paciencia dabondo. E xa nos toca.

2 comentarios:

  1. Será certo que van arranxar algo a rúa do Montiño? Esa rúa na que tes que ir esquivando as alcantarillas, porque están a unha profundidade considerable, as escaleiras dos inmobles da dereita sentido subida, os peatóns que baixan polo lado contrario ao que hai aceira, os postes da obra que se está a facer, e todo isto nunha rúa estreitísima e de dobre sentido e na que ultimamente ata se aparca..., ata que o vexa non o creo.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo, non me extraña que non o creas. Ese é o problema que ten o concello nesta zona: falta de credibilidade. Estamos tan cansos de tantísima promesa que nunca acaban executando, que agora ata que non o vemos non cremos nada. Son demasiados anos de espera, desde o 96, e a zona segue desatendida, e o barrio continúa inacabado. Por iso perderon tantísimos votos nesta zona. Queremos feitos, e ben feitos.

    ResponderEliminar