Un mes despois de que máis de 50.000 persoas se manifestasen en Santiago en defensa da Lei de Normalización Lingüística e da presenza do galego nas aulas, convocado pola plataforma Queremos Galego! outra das plataformas cívica nacidas para a defensa da lingua GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE celebrou onte, sábado 14, no Teatro Principal de Santiago o acto 'Lingua de liberdade'.
O devandito acto, conducido por Cándido Pazó, pretende crear un espazo de debate para a recuperación do consenso lingüístico.
A convocatoria, que era aberta ao público xeral, foi todo un éxito: Actores, periodistas, mestres, escritores, políticos, estudantes,... xuntáronse para reclamarlle á Xunta que volva ao consenso en prol da normalización do idioma.
Defensa plural da lingua, “en risco por uns poucos votos” ( Xornal de Galicia.com)
Debate en el Teatro Principal alrededor de la lengua (La Voz de Galicia)
O manifesto da Plataforma, que reclama o protagonismo da cidadanía na defensa do idioma, xa leva miles de sinaturas.
Os que queiran asinar poden face-lo na páxina da Plataforma GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE .
-
Ogallá se puidera chegar a un consenso lingüístico como se di no post, pero non o vexo nada claro.
ResponderEliminarPenso que dende o 2005 o tema do idioma radicalizouse ata niveis insospeitados, primeiro pola Xunta do bipartito e agora(quizáis menos que antes) pola Xunta do PP.
Teño que recoñecer que cando estaba D.Manuel Fraga, as loitas por impoñer un ou outro idioma non existían. Convivían perfectamente en armonía.
Agora ben, dende a entrada do bipartito, a sensación que tiña a maioría da xente era a da imposición dunha lingua como a propia de Galicia, sobre o castelán. Incluso creo que isa imposición foi clave na derrota da esquerda. Hoxe en día, penso que as xentes xa non falamos diso, porque por desgracia hai outros problemas máis importantes por diante.
¿Para cando as linguas serán únicamente un medio de comunicación? Mentres non o queiramos os que as utilizamos, os políticos utilizaránnas para as súas guerras.
A riqueza da nosa terra é que somos bilingües. Por desgracia, noutras comunidades autónomas(Madrid,Extremadura, Andalucía, as dúas Castelas, Cantabria) soamente poden usar o castelán.
Un abrazo a todo o Castrillón.
O Blog do Ventorrillo
www.barriodelventorrillo.es
Nos xa firmamos, todos os da familia. Non pode ser que haxa este ataque ao idioma dos nosos antergos, un dos maiores tesouros que ten calquera pobo
ResponderEliminar