domingo, 22 de noviembre de 2009

Orzamentos municipais 2010: Por fin algo para o Barrio

Por fin. Nos Orzamentos municipais do próximo ano parece que se acordaron do Castrillón. Non era sen tempo.

Contanno así en La Opinión de A Coruña.

El Concello defiende su esfuerzo inversor a pesar del desplome del gasto en obras

....Y la inversión apuesta "por el presente" y sienta "las bases del futuro más allá de 2011" con proyectos entre los que destacó el centro sociocultural Ágora, el edificio multiusos del parque del Agra, la rehabilitación de barrios, el parque de Oza y el polideportivo de O Castrillón. "Este presupuesto enfrenta de cara y con argumentos decididos la crisis", remarcó Marón, a la que el
portavoz municipal del BNG, Henrique Tello, secundó en la defensa de las cuentas
municipales: "La economía local resiste porque las cifras así lo reflejan, crece
la acción social y no hay ningún gasto superfluo

Esperemos que desta vaian para adiante, porque lévannos co mesmo conto nos dous casos (Parque de Oza e Polideportivo) bastante tempo e polo de agora vimos moi pouco.

Actualización 23 novembro 09

Pintaba demasiado ben para ser verdade.
Na web do concello dan máis datos sobre os investimentos.

O goberno municipal aproba en pleno o segundo orzamento investidor máis alto da historia da cidade
Entre as 161 accións e proxectos de investimento recollidas no anexo, destacan as seguintes: programas de rehabilitación de vivendas (5,2 millóns de euros); construción e dotación do centro sociocultural Ágora (4,9 millóns de euros);
plan de pavimentación e renovación de beirarrúas (2,5 millóns de euros);
convenio co Ministerio de Fomento para a construción de vías de servizo para o
enlace coa A-6 (2 millóns); construción do parque de Oza (1,2 millóns); renovación do barrio dos Mariñeiros (1 millón de euros); corredor verde
da Agra do Orzán (688.000 euros); proxecto arqueolóxico no Castro de Elviña
(578.000 euros); construción de novo edificio multiusos no parque da Agra que
inclúe escola infantil, centro de día, centro de empresas e Casa da Muller
(564.000 euros); construción do polideportivo do Castrillón (500.000
euros)
; implantación da administración electrónica (175.000 euros); reforma do mercado de Ramón Cabanillas (100.000 euros).


A estes investimentos (27,4 millóns de euros) sumaranse os proxectos que se desenvolverán cos Fondos Estatais, que supoñen outros 26 millóns de euros para actuacións na cidade, sumando así os 55 millóns
de investimento que o Goberno Municipal executará o próximo ano.

O proxecto de polideportivo ten un custo de 15 millóns de euros e a principios de ano nos indicaban que tería un prazo de execución de dous anos a partir do momento da súa adxudicación como informabamos no post E seguimos prometendo.
E 500.000 euros non parecen demasiados para a construcción.

Por iso o de "la inversión apuesta "por el presente" y sienta "las bases del futuro más allá de 2011" .
Non nos queda nada...... unha vez máis¡.

2 comentarios:

  1. ¿Onde quedaría? É que vexo no plano do parque de Oza, que tamén hai equipamento dun Polideportivo, o carón da igrexa e do que xa hai do I.E.S.Monelos.

    ResponderEliminar
  2. Ola danDD, como comentamos na actualización, podes ler máis información sobre o proxecto do Polideportivo, que estaría ó lado do colexio Ferández Latorre. Antes había un carteliño que o indicaba, que se rompíu canda o Klaus. A vista da noticia, supoño que en breve volverán colocalo para recordárnolo.

    ResponderEliminar