lunes, 19 de enero de 2009

O Blog do Castrillón

Somos un grupo de veciños e veciñas do barrio do Castrillón, Monte das Moas, Urbanización Soto e Eirís que, seguindo a estela aberta por outros barrios da cidade como O Ventorrillo, Os Rosales, Os Mallos, Novo Mesoiro, Monte Alto…… tamén sentimos a necesidade de que o noso barrio teña presencia en Internet, para establecer unha vía de comunicación entre nós, para que todos os veciños e veciñas que queiran poidan participar activamente no seu desenvolvemento, e sobre todo para activar o movemento social do barrio, tan empobrecido e obxecto de tanta manipulación nos últimos anos.

O Blog do Castrillón quere ser un lugar de encontro e de participación para que todos poidan ter voz e aporten coas súas suxestións, denuncias, queixas e todo aquelo que estimen conveniente para mellorar o noso barrio. Por iso invitamos a todos os veciños e veciñas a participar neste blog para que coa nosa voz o barrio poida chegar a ter a consideración que merece e que merecemos os que vivimos nel. Porque O CASTRILLÓN TAMÉN EXISTE e NO CASTRILLÓN TAMÉN PAGAMOS IMPOSTOS.

Non estamos vinculados a ningunha asociación veciñal, partido ou programa político (desto xa se ocupan outros). O único que nos interesa é o noso barrio e a súa xente, e que todos poidamos participar activa e libremente expoñendo todo o que nos preocupa, alerta, enche, alegra……..

Somos novatos nestas cousas polo que pedimos disculpas de antemán e que teñades paciencia connosco polos erros que poidamos cometer na utilización desta ferramenta.

Un saúdo,

Blog do Castrillón

6 comentarios:

  1. Eiiiiii, benvidos ó ciberspacio. Facíanos moita falta unha ferramenta coma esta no barrio. Deséxovos moita sorte na vosa nova andaina, eu procurarei participar e enviarvos todo tipo de noticias relacionadas co barrio. Moita merda.

    Sempre en Eirís

    ResponderEliminar
  2. Hola,estupenda idea. Ya era hora de que nuestro barrio también tuviese un blog en el que los vecinos podamos intercambiar ideas, opiniones con total libertad. Felicidades.
    Un fuerte abrazo de Campanilla

    ResponderEliminar
  3. Hola, bienvenidos. Que tengais mucha suerte.
    Aquí estaremos para lo que haga falta.

    ResponderEliminar
  4. Benvidos á Blogosfera!!! Como podía ser que a lista de blogs de barrios coruñeses non incluise ó Castrillón!!! Saúdoss!

    ResponderEliminar
  5. Por certo, non deixes de pasar por www.corublogs.org e engadir este blog por alí!!! Así chegará a moita máis xente!! Saúdoss!

    ResponderEliminar
  6. Moitas gracias Barrio do Mallos. Pasaremos por corublogs. Pero como apuntamos, somos novatos e estamos tardando un pouco máis do previsto en ordear todo. Aquí estamos para o que faga falta.

    ResponderEliminar