jueves, 31 de diciembre de 2009

FELIZ ANO 10


Queridos veciños, que teñamos unha boa saída de ano e unha mellor entrada.

Que este ano sexa un ano 10 para todos.

E que todos os proxectos previstos desde fai tanto tempo no noso barrio se fagan realidade para que poidamos disfrutar deles.

Gracias de novo por acompañarnos neste primeiro ano.


FELIZ ANO 10

martes, 29 de diciembre de 2009

NON AO DECRETO CONTRA O GALEGO- Concentración no Obradoiro o 30 de decembro



Ante a política galegófoba do actual goberno da Xunta e contra o anunciado decreto contra o galego, a plataforma cidadá Queremos Galego convoca unha concentración na Praza do Obradoiro de Santiago para o mércores 30 de decembro ás 17.00.


NON AO DECRETO CONTRA O GALEGO! Concentración 30 de decembro

Desde o Blog do Castrillón concordamos en que non se pode consentir esta situación de retroceso e desprotección dos nosos dereitos lingüísticos, artellando medidas regresivas para variar o consenso acadado por todos os partidos e respetado durante anos.

Vémonos en Santiago.

¿Para qué le sirve un alcalde a un niño?

Esto é o que se preguntan en La Opinión: ¿Para qué le sirve un alcalde a un niño?

Onte, o noso alcalde visitou o Barrio, en concreto o Centro Cívico do Castrillón, para xogar un anaco cos nenos que disfrutan do campamento urbán de Nadal.


Para que le sirve un alcalde a un pequeño coruñés? Hasta que sepan lo que es un regidor, bueno es un adulto sonriente que sirva como acompañante para ir al baño. Un niño del centro cívico de O Castrillón, que el alcalde visitó ayer, cogió de la mano al primer edil y le pidió que le asistiera en su camino hacia el retrete. Fue la anécdota de la mañana, en la que Javier Losada se pasó por el campamento urbano del local municipal en el que una treintena de niños juegan y aprenden durante las vacaciones navideñas mientras sus familias trabajan. ...

"No sólo está el asfaltado de las calles", recalcó el regidor, que cree que con este tipo de actividades se fomenta "un ocio formativo" en los pequeños y se impulsa "la educación en valores de ciudadanía, convivencia y respeto".
Fonte: La Opinión de A Coruña

O do asfaltado supoñemos que non e de cachondeo. Ou iso esperamos.

O Concello acusa á Xunta de "facer dano" co sorteo dos pisos

"A polémica continúa ante o sorteo dos pisos de protección de Eirís e Novo Mesoiro que, mañá, mércores, celebrarase ante notario no recinto feiral.
Os concelleiros de Servizos Sociais e de Rehabilitación Urbana e Vivenda, Silvia Longueira e Mario López Rico, respectivamente, cargaron onte as tintas contra a Xunta e acusaron ao Goberno autonómico de querer prexudicar e «facer dano» coa decisión de facer un sorteo único destas vivendas.
Longueira recordou que o «pactado» co anterior Goberno da Xunta era realizar un sorteo diferenciado para que os primeiros que están na lista de adxudicatarios, e que supostamente teñen unha maior necesidade de ocupar as vivendas, poidan acceder o máis rápido posible ás de Eirís, que xa están finalizadas. Asegurou que, co sorteo único, haberá adxudicatarios que sairán moi prexudicados xa que terán que esperar máis, «quizais ata un ano», dixo, para poder ocupar as de Novo Mesoiro. «A moitos dilataráselle a espera. Algúns dos cen primeiros da lista terán que esperar para vivir en Novo Mesoiro», engadiu.
Pola súa banda, Mario López Rico explicou que a decisión de realizar un sorteo único onde se inclúan tanto as vivendas de Eirís como as de Novo Mesoiro «está a provocar unha situación de incertidume e pode carrexar posíbeis conflitos entre vos adxudicatarios xa que coa anterior Xunta este problema estaba xa resolto e vos propios adxudicatarios coñecían ou barrio para ou que ían a entrar en sorteo». Esixiu á Xunta que poña fin «á situación de incertidume creada desde a súa chegada ao Goberno autonómico e dunha vez por todas entregue as vivendas aos seus adxudicatarios».

Desde a Xunta recordaron que, como se estipula na lei, a listaxe é «único» e, polo tanto, o sorteo tamén, tendo en conta a composición familiar ou de convivencia dos adxudicatarios. Avanzaron tamén que o sorteo que se realizará no recinto feiral comezará ás 9.30 horas e que se fará por cotas.
O primeiro dos cinco grupos será o correspondente aos expropiados de Eirís, que deberán ocupar necesariamente vivendas neste barrio. O segundo grupo será o correspondente aos adxudicatarios con mobilidade reducida, xa que lles corresponden unhas vivendas cunhas características especiais, tanto en Eirís como en Novo Mesoiro. Despois procederase a sortear os pisos de catro habitacións, de tres e de dúas en ambos os barrios. Un notario comprobará que as papeletas con todas as vivendas que se meterán nas urnas son correctas. Ademais, desde a Xunta indicaron que os adxudicatarios poderían empezar a ocupar os seus pisos no primeiro trimestre do 2010."
O Concello acusa á Xunta de «facer dano» co sorteo de pisos
Fonte: La Voz de Galicia

El Concello exige a la Xunta que resuelva la adjudicación de los pisos sociales
Fonte: La Opinión de A Coruña


Están locos estos políticos.

Visita dos Reis Magos ao Castrillón

Hoxe, ás 17:45 os Reis Magos visitarán ós nenos do Barrio no Centro Cívico do Castrillón.

Así que xa sabedes, os que non lle enviarán á carta ás súas maxestades teñen unha boa oportunidade de facelo persoalmente.
As súas maxestades esperan que os recibades como merecen.

Vémonos no Centro Cívico

lunes, 28 de diciembre de 2009

O 30 de decembro sorteo dos pisos sociais

Ás 9.30 horas do mércores, 30 de decembro, en Expocoruña realizarase o sorteo das 281 vivendas de promoción pública de Eirís e Novo Mesoiro.

La Xunta sorteará los 256 pisos sociales de Novo Mesoiro y Eirís en los que residirán chabolistas de Penamoa el miércoles día 30 de diciembre a las 09.30 horas en Expocoruña.
Los adjudicatarios optan indistintamente a las viviendas de uno u otro barrio, pero el Gobierno gallego tendrá en cuenta a la hora de distribuirlas las dependencias que necesita cada familia. En Eirís hay diez casas de cuatro habitaciones; y en Novo Mesoiro, catorce. Los pisos tienen entre 65 y 90 metros cuadrados y son de dos, tres y cuatro dormitorios
.


Toda a noticia en : Los pisos de Mesoiro y Eirís en los que vivirán chabolistas se sortearan la proxima semana.
Fonte: La Opinión

A ver en qué , e cómo, acaba todo isto......
Nós desde o blog do Castrillón, seguemos defendendo a mesma postura de sempre: Reubicar, adxudicar, realoxar, ou como se lle queira chamar, a tantas familias procedentes do chabolismo (algunhas delas procedentes dun poboado como o de Penamoa) en só dous barrios e por ende, en 2 bloques de edificios, parécenos una MEDIDA CLASISTA E RACISTA.

viernes, 25 de diciembre de 2009

BO NADAL E FELICES FESTAS


O Blog do Castrillón deséxavos un Bo Nadal.




E gracias por acompañarnos neste noso primeiro ano.




domingo, 20 de diciembre de 2009

La madre que parió a........ los barrios

Javier Losada: "A los barrios de la ciudad no los conoce ni la madre que los parió"

"Somos un gobierno de fiar, capaz, y el alcalde tiene palabra y la cumple, por eso el gobierno tiene palabra y la cumple", afirmó.
Fonte: La Opinión



Esta e outras perliñas díxoas o noso Alcalde Losada, onte, 20 de decembro . E díxoo sen ruborizarse. Incluso presumindo.

E non lle falta razón. Eso é o que sucede no seu barrio e nos barrios da xente do seu entorno. Nesa burbulliña feliz, no limbo, no “mundo perfecto” no que viven os políticos deste país hoxendía. O mundo de Martini Rosato.

Pero o resto dos cidadáns vivimos no mundo real, e poucas veces coincidimos na visión.

Será esto ó que lle chaman agora a brecha entre a clase política e a sociedade?
Ou será que as vistas desde o salóns dos políticos ou desde os coches oficiais resultan moi diferentes das que vemos o resto da clase obreira e traballadora desde os nosos modestos salóns e desde os nosos cochiños de baixa e media gama???.
Tamén pode ser que as nosas gafas de oferta e de marcas modestas non nos deixan ver La vie en rose da que si poden disfrutar os políticos coas súas gafas de supermarca.
Se o final vai ser só cuestión de perspectiva. E de marca de gafas……..

Como din varios dos opinantes da noticia, invítámolo, unha vez máis, a pasear polo noso barrio para comprobar o estado lamentable no que o temos.
Eso ou nos regala (tamén nos vale que no-las traian Papá Noel ou os Reis) desas gafas tan fantásticas que usan vostedes a todos os do Castrillón.

Post relacionados: Palabra de Alcalde (1) , Plan Xeral de Ordenación Urbán de 1998: La vida sigue igual (1ª parte), E seguimos prometendo. , O concello da Coruña axiliza o plan de obras cun crédito de ¡13.345.000 euros ¡¡, Palabra de Alcalde (2)

viernes, 11 de diciembre de 2009

Campamentos de Nadal

Onte abríuse o prazo para os chamados CAMPAMENTOS DE NADAL, con distintas actividades programadas nos centros cívicos con motivo das festas de Nadal. Estas actividades lúdico- educativas diríxense a persoas de todas as idades, con especial atención aos máis pequenos para quen se programaron campamentos urbanos.
Este ano, a temática dos campamentos versará sobre a preparación dos agasallos e o significado de regalar. Os pequenos "axudarán" aos paxes e elfos no seu labor de todos os anos e aprenderán a importancia de compartir xogos e xoguetes. O Concello ofrece 375 prazas, 135 máis que o ano pasado.
Os campamentos están dirixidos a nenos e nenas nacidos entre 1997 e 2005 (escolarizados/as) e realizaranse do 23 de decembro ao 8 de xaneiro (23, 28, 29 e 30 de decembro e 4, 5, 7 e 8 de xaneiro) en horario de 10.00 a 13.00 horas. Poderán asistir nenos e nenas escolarizados e empadroados no Concello da Coruña.

A inscrición previa poderá facerse os días 10 e 11 de decembro de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas nos centros cívicos municipais e veciñais. O sorteo realizarase o 14 de decembro ás 11.00 horas en cada un dos centros cívicos e a listaxe de admitidos publicarase o 17 de decembro nos mesmos centros.

Os admitidos poderán realizar a inscrición definitiva os días 18 e 19 de decembro (venres e sábado) de 11.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 20.00 h, en cada centro cívico municipal e veciñal. O custo será de 12 euros por inscrito. Para máis información pódese chamar aos centros cívicos ou ao 010.

jueves, 10 de diciembre de 2009

Convocatoria de Manifestación para o 11 de decembro 09


Mañá, venres 11 de decembro nova manifestación. Ás 20.30 desde a praza de Ourense ata María Pita.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

Pasiño a Pasiño…..no parque de Oza

La Voz publica que A Mesa de Contratación do Concello abriu onte as plicas económicas das empresas que optan a execución da segunda fase das obras de construción do novo parque de Oza.

As ofertas económicas oscilan entre os 2-2,8 millóns Euros polo que o Concello aforrarase polo menos medio millón de euros sobre a súa previsión inicial de investimento, que ascendía a pouco máis de tres millóns de euros.

A Mesa de Contratación terá que facer pública a súa resolución nos próximos días, aínda que os prazos indican que a nova fase da zona verde que unirá o Castrillón e a Gaiteira estará lista despois do próximo verán.


Toda a noticia en Dragados perfílase como o adxudicatario da segunda fase das obras do parque de Oza

Fonte: La voz de Galicia


A ver si vai desta.
E esperamos que se teña máis coidado e non se continúe coas desfeitas contra o patrimonio cultural que se están permitindo , como denunciamos en varios post do Blog (A Fiscalía investigará ó Concello pola destrución de restos históricos no parque de Oza; Máis desfeitas no parque de Oza)