Co lema “O galego, o noso existir”, a plataforma cidadá confía nunha mobilización histórica do pobo galego contra as agresións á nosa cultura e o desmantelamento da oficialidade da nosa lingua.
Punto de encontro dos veciños e veciñas dos Barrios do Castrillón, Monte da Moas, Urbanización Soto e Eirís (A Coruña).
O 12 de maio comezan os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas no Centro Cívico Municipal do noso barrio.MÉRCORES 12 DE MAIO
ÁS 17:30 HORAS
· REPRESENTACION TEATRAL DA OBRA:”O NOSO MERLIÑO”. GRUPO DE TEATRO DO CONCELLO DE CULLEREDO
ÁS 18:15 HORAS
· ACTUACIÓN DA CORAL DO CENTRO CÍVICO
MÉRCORES19 DE MAIO
ÁS 18:30 HORAS
REPRESENTACION TEATRAL DA OBRA:”POESIA PARA DAR E TOMAR”. GRUPO DE TEATRO EOLO
ADICADO A UXÍO NOVONEYRA MES MAIO – MOSTRA BIBLIOGRÁFICA NA BIBLIOTECA
Máis información no propio Centro Cívico ou en A cidade que le a Uxío Novoneyra: mostra na Btca. Municipal Castrillón
Creative Recycling, arte recreativo en The Blog das btcas. Monte Alto e Castrillón
Mañán sábado 8 de maio se inaugura o que será o primeiro gran festival artístico creado dende a sociedade e para a sociedade na Coruña.

Unha estupenda iniciativa que espero que continúe noutros barrios da cidade. Vémonos por alí.


“O galego medra contigo! Paula e as palabras que levou o vento” son actividades organizadas pola Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística que terán lugar por toda a cidade, dende o 24 de abril ata 5 de xuño.

Concello confía en inaugurar toda a zona verde ao público a finais de outubro tras reacondicionar máis de 55.000 metros cadrados e catro anos de obras.

"A asociación de veciños do Castrillón-Urbanización Soto IAR presentou alegacións ao anteproxecto do complexo deportivo, xa que consideran que se pode aproveitar a súa construción para obter unha planta de soto destinada á venda de prazas de aparcadoiro en concesión aos veciños, unha vez que no deseño só prevense 100.
O colectivo argumenta que os problemas de estacionamento no barrio agravaranse coa execución da urbanización Parque de Oza. Ademais, IAR cre que a escaseza de prazas será superior se, como sospeitan, o complexo incluirá un espazo libre de 1.824 metros cadrados para algún tipo de actividade comercial-hipermercado.
Reclaman os veciños que no proxecto especifíquese ademais os elementos do spa , incorpórese unha zona de estar cafetería na piscina, e detállese o orzamento da urbanización da contorna."


