sábado, 27 de junio de 2009

A Torre, patrimonio da humanidade


Foto: diariodelviajero.com

La Torre de Hércules se convierte al fin en patrimonio de la humanidad

Para moitos de nós, leva sendo patrimonio da humanidade de sempre.

Se o recoñecemento da Unesco serve para que se manteña e se coide como é debido, benvido sexa.

Agora falta que se teña en conta que unha cidade que conta cun patrimonio da humanidade, debe ser especialmente respetuosa o coidadosa cos restos e bens históricos que posuimos. Con todos.

Who's loving you

Outro grande artista de alma torturada nos acaba de dcixar.

Eu sempre o recodarei así, cando sorprendía a todos con ese brilante talento que deixaba boquiaberto, e que o convertiría no Rei do Pop.

YouTube - Who's loving you - Jackson Five


Descansa en paz

jueves, 25 de junio de 2009

Palabra de Alcalde (2)

….en maio de 2009.

Os nosos veciños continúan coas súas demandas no blog do alcalde. E o sr. Losada segue respondendo puntualmente. Palabra de Alcalde, e por escrito.

Aí van as respostas do mes de maio.

- Hola F: esperamos iniciar la urbanización de ese polígono este año. Es una gran urbanización con dotaciones, servicios, aparcamientos, comunicaciones con la univerdidad y con los barrios de Eiris y Matogrande y con viviendas. Un buen diseño que permitirá un nuevo crecimiento de la ciudad de forma sostenible.

- U. pregunta por la piscina del Castrillón. Como ya he comentado a otros vecinos, espero que en próximas semanas iniciemos los trámites para su desarrollo.

- Hola B. Si los tramites administrativos siguen su curso en el mes de junio sacaremos a licitación el polideportivo y la piscina con el fin de tener todos los tramites finalizados al final de julio y empezar. ES un compromiso con el barrio que no dudes voy a cumplir. La zona donde se va a ubicar forma parte de un polïgono a desarrollar por sus propietarios y que está tambien en sus últimas fases de tramitación urbanística y que permitira abrir todas esas calles. un saludo

- Hola Q. la ciudad la hacemos con las sugerencias, las ilusiones, las necesidades de todos y también con las criticas. El barrio de castrillon como bien sabes, es un barrio con grandes dificultades de gestión urbanística, muchos y pequeños propietarios, una orografia muy dificil con grandes cuestas, edificaciones de los años cincuenta y sesenta a pie de calzada, etc. Pero hemos ido mejorando, por cierto con el apoyo y la ayuda de la asociación de vecinos y su presidente Verdini. Ahora que hemos ampliado la biblioteca y el centro civico estamos con el Parque de Oza que permitira a este barrio tener dos grandes parques en su entorno, Eiris y el de Oza que ademas permitira abrir una nueva comunicacion con Monelos. Además está finalizandose los trámites administrativos que permitirán construir los dos polígonos que faltan y que posibilitan tirar los tapones y las casas que impiden terminar el barrio. En estos días empezarán las obras para cambiar todo el sistema de alumbrado del barrio y mejorar su eficiencia y ponerlo más moderno. Lo mismo que hemos hecho con algunas plazas interiores que se renovaron y se pusieron al servicio de todos los vecinos. Y estamos trabajando para construir el polideportivo y la piscina manteniendo nuestro compromiso. Gracias por tus comentarios

Esperemos que pronto poidamos disfrutar deste parque, tantas veces prometido, aprobado e licitado desde o 2005.





Pero, polo de agora esto é o que temos






Fontes: La Opinión, La Voz, Web Concello.
Palabras y obras. Obras que se ven en la calle, para resolver los problemas inmediatos, pero sobre todo para garantizar alcanzar el futuro que deseamos los coruñeses.
Pois veña, agora a rematalo prontiño, para disfrute de TODOS os veciños.

Ópera en familia no Festival Mozart

Tras o éxito obtido nas últimas convocatorias, e dentro do Festival Mozart d´A Coruña hai tamén un oco adicado ós máis pequenos.
Neste caso é a estrea en España da obra"Lo scoiattolo in gamba" do compositor Nino Rota (compositor de músicas de estupendas e famosas películas como El padrino, o de case todas as películas do grande Fellini) sobre un conto de Eduardo Filippo. Para a súa representación en A Coruña encargouse unha versión galega co título 'O esquilo esperto' ('La ardilla astuta') versionada por Joám Trillo.

Data estrea: 26/06/2009
Ata: 28/06/2009
Ciclo: Festival Mozart d ´A Coruña 2009
Horarios: V, as 19 h.; S, as 12 e 19 h.; e D, as 12 h.
Prezos: 1 € para nenos de ata 12 anos; Adultos: 5 €
Teatro: Teatro Colón Caixa Galicia
Venta anticipada: Caixa Galicia (www.caixagalicia.es e 902 43 44 43)

Máis información en La Voz de Galicia: Ópera en familia con la Sinfónica

Unha excelente oportunidade para disfrutar da ópera en familia. O Festival Mozart estase convertendo nun referentes do circuíto operístico grazas á selección das obras, a calidade das montaxes e a categoría dos intérpretes. Un luxo do que podemos disfrutar nesta cidade. E que siga moitos anos máis.

miércoles, 24 de junio de 2009

Palabra de Alcalde (1)

… e por escrito.

Os veciños do barrio andan moi activos , reivindicando e demandando as melloras prometidas para o barrio a través da Web do Alcalde.

E o Alcalde, responde a case todas as preguntas, demandas e inquedanzas dos veciños. Os nosos parabéns sr. Alcalde. Agora so falta que as consolide en feitos.

Como di vostede no post Buen balance de dos años, ilusión y trabajo para el futuro e no vídeo adxunto: Palabras y obras.

Eso é o que queremos. Menos palabras e máis obras

Estas son as palabras en abril do 2009.
Palabra de Alcade… e por escrito.

Hola J: Se que en el Castrillón están esperando esta dotación deportiva. Es una promesa electoral que nos ha dado una serie de problemas administrativos que han impedido iniciarla al principio de este año. Tenemos ya en los presupuestos una partida para los proyectos y espero que antes del mes de Julio tengamos todos los tramites acabados para poder sacarla a licitacion y construirla. Lamento que a pesar del interes vuestro y el mio los temas urbanísticos nos impidiesen empezar antes. Estoy seguro que lo conseguiremos. Gracias por escribir.

Esperemos que esta sexa a obra



Porque polo de agora, e despois de 6 anos de espera, esto é o que temos.

Mañán Manifestación no Ventorrillo

Os compañeiros do blog do Ventorrillo nos envían o seguinte comunicado.
comunicadodeprensamanifestacion25junio.PDF - Google Viewer
...hacemos un llamamiento a todos los ciudadanos, a
todas las asociaciones vecinales, a todas laspersonas con conciencia, a
secundar esta manifestación y trabajar con nosotros por la erradicación del tráfico de drogas. Porque todos somos el Ventorrillo, VEN A LA MANIFESTACIÓN “CONTRA LA DROGA EN PENAMOA
”.
Xoves 25 de xuño ás 21:00 horas
Percorrido: Local da Asociación (C/ Alcalde Salorio Suárez)-ALFREDO TELLA-RONDA OUTEIRO-VOLTA A ROTONDA DA AVENIDA FINISTERRE-RONDA DE OUTEIRO // MOSTEIRO DE TOXOS // MOSTEIRO DE CAAVEIRO // ALCALDE SALORIO SUÁREZ.
Esperamos que acuda moita xente de todos os barrios da cidade. É importante para todos. Do noso barrio, nos consta que van a acudir moitos veciños.

lunes, 22 de junio de 2009

A normativa europea no parque de Pablo Iglesias

No post U-lo Pablo Iglesias , denunciábamos o mal estado e as deficiencias de mantemento e limpeza das zonas de xogo infantís da praza. A normativa europea e a autonómica son moi craras ó respecto

http://www.xunta.es/Doc/Dog2003.nsf/FichaContenido/CFE6?OpenDocument

A normativa europea (UNE-EN 1176 e 1177) establece unha serie de esixencias en materia de seguridade para evitar accidentes nos parques de xogo infantil.

Estas normas recollen os requisitos que deben cumprir os equipos e os materiais utilizados, as dimensións dos ocos e espazos libres que eviten riscos de atrapamento, as distancias e alturas de seguridade, a protección contra caídas e enganchones de roupa e pelo, etc.

Ademais, fan referencia aos grosores de recubrimiento das áreas de xogo, aos requisitos da instalación as distancias libres de obstáculos e ao mantemento posterior do área de xogo.

Facemos un pequeno resumo:
- Situación: debe estar a máis de 30 metros do tráfico rodado e o seu perímetro estará vallado con medios naturais (setos, arbustos) ou artificiais (muros, vallas) para que os nenos non accedan á calzada con facilidade.

- Materiais: columpios, tobogáns e outras estruturas serán fabricados con materiais non tóxicos nin condutores de electricidade, que non desprendan achas nin restos que poidan causar danos. Serán seguros e resistentes, con sujeciones firmes e estables. Substituiranse elementos metálicos por madeiras tratadas e plásticos. Evitaranse salientes e aristas na súa estrutura, especialmente nos puntos de unión e soldaduras.

- Para todos: os parques serán creados para o goce de todo tipo de visitantes, polo que o seu deseño haberá de adaptarse a usuarios con dificultades de movilidad. Evítense chanzos, bordillos, pavimentos inapropiados para cadeiras de rodas ou estruturas sen propostas de xogo adecuadas a estes nenos con necesidades especiais.

- Superficie: substituiranse as superficies duras, como hormigón ou pedra, por pavimentos que amortiguan golpes e caídas (caucho e materiais sintéticos).

- Gardar as distancias: cada aparello ou estrutura de xogo contará cunha zona de seguridade que evite choques entre usuarios de xogos próximos.

- Conservación e limpeza: os parques infantís deben manterse nas mellores condicións de uso posibles. A iso contribúen decisivamente os materiais de alta calidade utilizados na súa construción que aportan gran resistencia fronte ao vandalismo e a climatoloxía adversa. Así mesmo, advertirase e impedirá a entrada de animais.

- Mantemento: realizásense inspeccións periódicas para garantir o correcto mantemento dos xogos e da propio área lúdica. É necesaria a inmediata reparación ou retirada de equipos que xeren riscos. Unha inspección coa periodicidad adecuada é a mellor medida de prevención.

- Os parques non deben esquecer ás persoas maiores, incluíndo entre a súa mobiliario áreas de descanso, bancos para sentarse, zonas de sombra, fontes, papeleras, etc.

- Señalización: Indicarase correctamente a idade dos nenos que poden utilizar os xogos, onde se debe acudir ou a que número hai que chamar en caso de detectarse desperfectos na zona ou situacións de perigo. Así mesmo, indicarase a ubicación dos centros sanitarios máis próximos.

Como se pode observar, na zona de xogos infantís de Pablo Iglesias, non falla nin unha das esixencias das normativas.






Por iso hai varias denuncias e queixas deste parque (e é un dos que máis ten) en Queremos xogar a páxina web da campaña promovida por Save the children para denunciar as carencias, desperfectos ou falla de mantemento dos parques infantís de toda España. Ó igual que todas as queixas de moitos dos nosos veciños e veciñas trasladadas ó Concello por diferentes vías.

Máis desfeitas no parque de Oza

O blog xa se fixo eco de varias denuncias interpostas por Bardos Cultural nos post A Fiscalía investigará ó Concello pola destrución de restos históricos no parque de Oza e O respeto deste Concello polo patrimonio histórico e cultural .

Nesta ocasión a asociación Bardos Cultural pide axilidade á Fiscalía para conservar os restos arqueolóxicos atopados nos terreos do parque de Oza.

Máis información:
Bardos denuncia el derribo en Oza de una capilla del XVII Fonte: La Voz de Galicia
Bardos Cultural denuncia el derribo de los restos de una capilla en Oza - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña Fonte: La Opinión

Como non se dean presa, cando actúen xa non haberá nada que conservar.

jueves, 18 de junio de 2009

Plan Xeral de Ordenación Urbán de 1998: La vida sigue igual (2ª parte)










Aínda que non nos debemos desesperar. O noso alcalde, no seu blog, nos tranquiliza.
Hace dos años, una noche en el recuerdo

Son las ocho. Hace dos años a esta hora ganábamos las elecciones municipales. Mi primera victoria electoral, lograda con el apoyo de miles de coruñeses, militantes socialistas, simpatizantes y coruñeses y coruñesas unidos por un gran proyecto, el proyecto de nuestra ciudad, para hacer una Gran Coruña, de todos y para todos. Gracias a todos y todas por vuestra confianza y compromiso.
El sentimiento de responsabilidad es fuerte
, no en vano es la responsabilidad de encabezar un liderazgo participativo que lleve a nuestra ciudad a las mayores cotas de bienestar y progreso. Estamos en el camino, estamos superando etapas para alcanzar la meta.
No es un camino fácil. Las dificultades siempre se presentan, pero es ahí donde nuestra unión,
la alianza que formamos todos los coruñeses nos demuestra que podemos, que somos
capaces de alcanzar los retos que anhelamos.
Han transcurrido dos años, es mucho lo hecho, pero queda mucho por hacer. Por eso redoblo mi compromiso con los coruñeses para trabajar con más intensidad y fuerza si cabe para cumplir en los dos próximos años mi compromiso con todos vosotros.
Gracias a todos los coruñeses por trabajar cada día buscando lo mejor para vuestras familias, porque en esa tarea estáis haciendo de A Coruña una ciudad más fuerte y más grande.
Gracias.
Enlace al vídeo de dos años de gobierno municipal: http://imagen.lambdastream.com/balance0709/
A ver si é certo. No barrio non aspiramos a que "redoble" os seus compromisos. Simplemente que os cumpra, logo de 11 anos de paciente espera e confianza. Ten dous anos para convencernos con feitos.

miércoles, 17 de junio de 2009

Hoxe MANIFESTACIÓN no barrio contra a política de realoxos

A Asociación Cruceiro-oza-urbanización Soto nos envía información sobre a MANIFESTACIÓN convocada para hoxe, en contra da política de realoxos do Concello de A Coruña.

O Mércores, 17 de Xuño as 20:30 horas
desde a Praza de Pablo Iglesias (Biblioteca) ata a rúa Oleoducto

CARTELES MANIFESTACION 17062009

sábado, 13 de junio de 2009

As linguas suman

Eso é o que cremos nós.

Achegamos o Tríptico informativo e a Carta presentación da Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística que o promove co apoio da Universidade de Vigo, Universidade de A Coruña e Escolas Católicas de Galicia sobre a enquisa que está a facer a Xunta o uso do galego no ensino, e que moitos dos nosos fillos están traendo da escola.
Paga a pena lelos antes de cubrila.

Para ler o Típtico informativo , clickar na imaxe




CARTA-PRESENTACIÓN DO TRÍPTICO INFORMATIVO DA CGENDL

Os membros da CGENDL, docentes que traballamos nos colexios e institutos no día a día e que, polo tanto, coñecemos a realidade dos centros e a súa situación lingüística, vemos con moita preocupación o problema xerado nos últimos tempos arredor da presenza das linguas no ensino, que derivou nunha confrontación aberta arredor dun ben común que nos tiña que unir, a lingua galega.
Consideramos que a convivencia do galego e o castelán non ten que ser un problema senón unha vantaxe, unha oportunidade para a nosa sociedade
. Algo que todos os estudos, e que o sentido común da inmensa maioría da poboación galega avala, vén sendo perigosamente interpretado dende determinados sectores políticos. E máis perigoso é que se trasladen ós centros de ensino problemas que non atenden a razóns pedagóxicas, abocándonos cara a un escenario de lamentable confrontación social.
Ademais pensamos que dende unha perspectiva pedagóxica todos os implicados no ensino deberiamos centrarnos en conseguir que os nenos e nenas sexan igualmente competentes en galego e castelán. Polo tanto, o debate que se ten que abrir é precisamente este: que medidas temos que adoptar para conseguir que os rapaces e rapazas dominen plenamente as dúas linguas, tal e como establece a LOE.
Neste contexto elaboramos un tríptico destinado ás familias que é o que hoxe presentamos, e que se vai distribuír na medida das nosas limitadísimas posibilidades. Por que este tríptico?
porque parece que hai que volver recordar que o galego é a lingua propia de Galicia; que nos pertence a todos e todas e non podemos xogar co seu futuro, porque intereses políticos, que non educativos, veñen de crear un problema no ensino arredor das dúas linguas oficiais que pode derivar nunha perigosa fractura social, polo tanto COMO DOCENTES pensamos que debemos ofrecer información rigorosa sobre a aprendizaxe de linguas baseada en estudos científicos que se fixeron tanto dentro coma fóra da nosa comunidade.
E dito isto, queremos insistir en:
a. é unha sorte, non é unha desgraza, que a nosa comunidade conte cunha lingua milenaria, que nos debe unir. Polo tanto non se debe permitir que triunfe a idea de que o galego é un obstáculo para os estudantes, mantendo vellos prexuízos que no século XXI deberían estar plenamente superados, pero que pretenden manter relegada a lingua galega nun lugar secundario na sociedade.
b. se é evidente que para mellorar a competencia en lingua inglesa é necesario que se impartan en inglés determinadas materias, a sociedade galega debe asumir tamén o mesmo para a lingua galega, é dicir, que para saber galego é necesario “aprender en galego”.
c. o galego segue a ser unha lingua minorizada na nosa comunidade e polo tanto necesita unha discriminación positiva tanto dentro coma fóra do ensino.
Estes parécennos motivos suficientes e razoables para difundir este tríptico entre as familias e a sociedade galega en xeral. Polo tanto, está á disposición de todos aqueles ENDL, ANPAS, direccións de centros ou calquera persoa da comunidade educativa ou relacionada co mundo do ensino, e mesmo da sociedade en xeral, que queira difundilo.


BREVE VALORACIÓN DA ENQUISA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
A enquisa que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pensa distribuír esta mesma semana entre as familias a través dos centros educativos é pouco rigorosa e mostra un grande descoñecemento tanto da sociolingüística coma do mundo do ensino, o que nos parece aínda máis grave.
Por poñer un exemplo, non existen materias troncais no ensino non universitario, esta é unha
terminoloxía do ensino universitario. Polo tanto, o señor Conselleiro debería saber que o que hai son materiais obrigatorias e optativas, propias de modalidade ou non. É así que non vén a conto empregar o termo “troncais” porque non hai unhas materias máis importantes ca outras, todas teñen unha misión educativa global.
Centrándonos na cuestión da análise sociolingüística, nunha breve análise podemos observar:
1. En qué documento, lexislación, tratado, artigo ou normativa aparece recollido o dereito a escolleren os pais a lingua da docencia dos fillos? Porque si existen moitos outros dereitos que as persoas, na maior parte dos casos, non poden exercer, por exemplo o dereito a seren atendidas en galego na Xunta de Galicia cando o soliciten.
2. Estase preguntando sobre un dereito, “o dereito de coñecer o galego”, fallando na metodoloxía,
porque tal e como están presentadas as preguntas non fai falta ser moi experto para darse conta de que o que se extraia de aí non pode valer para moito e menos para facer un novo decreto. Porque? Nas opcións de resposta vemos:
· “todo en galego” que non se refire a todo o ensino en galego, senón a tódalas materias, que na
enquisa se denomina troncais, en galego.
· “a maioría en galego” (que é a maioría?: o 52% ou o 95%?),
· “unhas en galego e outras en castelán”, a xente pode pensar que esta é a mellor resposta porque indicaría o 50% e iso non é certo. Se queremos que o 50% do ensino estea en galego hai que contestar “todas en galego” que é o que marca o actual decreto.
3. Tampouco é fiable xa que non presenta as mínimas garantías de calquera consulta para que os resultados sexan cribles. O universo da investigación parece que vai ser todo, pero, como o van garantir?
· A cantos pais lles vai chegar? Nestas alturas de curso, como van facer para que o alumnado
entregue na casa a enquisa e a traia de volta no prazo duns días. Ademais, como van asegurar que a enquisa a van contestar os pais que deban facelo?
· Cantos pais van contestar? Os concienciados dunha ou doutra banda, pero vai ser fiable se só contesta un 10% e esa porcentaxe está nutrida maioritariamente por pais das urbes, por exemplo.
para ter algunha fiabilidade debería haber unha mostra estratificada que cubra a diversidade
sociolingüística da sociedade.
· Déixase a distribución e recolla en mans de direccións que no final de curso están sobrecargadas de traballo.
· Pregúntase aos pais con fillos escolarizados en xuño de 2009 mais non aos que van entrar no
sistema en setembro. Contestan os pais que tiveron fillos neste curso que vai rematar dos que
parte non van estar escolarizados no vindeiro curso? Por que non se lles pregunta aos pais que van escolarizar rapaces para o vindeiro curso?
4. Pretenden facer un referendum? Para iso habería que facer outras preguntas e formulalas de modo diferente. O que se cadra era interesante preguntar era se os pais consideraban importante que os seus fillos/as ao rematar o ensino obrigatorio fosen competentes nas dúas linguas oficiais en Galicia, con dúas opcións de resposta: Si ou Non .
5. Non houbo unha campaña de información rigorosa previa. Non se deu. Prevalece a propaganda mediática que tivo e ten intencións políticas máis ca educativas. Non se lles pode mandar ós pais que contesten unha enquisa con tantas “eivas” nun momento de “marexada” informativa, cando ademais falamos dunha poboación que está chea de prexuízos cara ó galego derivados en moitos casos da represión lingüística que sufriu o galego ata os anos 80.
Para rematar: fará a Consellaría máis enquisas sobre temas fundamentais como a ratio de alumnos/as por grupo, a necesidade de persoal de apoio nas aulas ou pola seguridade nos autobuses? E se pregunta sobre o gasto en biblioteca por centro ou o financiamento dos comedores escolares?

martes, 9 de junio de 2009

Mércores 10 xuño: Novos cambios liñas autobuses

Os compañeiros do blog Busurbano (busurbano.tk.) dan cumprida e ampla información sobre os novos cambios de liñas de autobús urbán que se poñen en marcha mañán.

Máis información en Mañana, los (segundos) grandes cambios en las líneas de bus urbano.

Ou na páxina oficial de Tranvías da Coruña http://www.tranviascoruna.com/ga/

Esperamos os vosos comentarios.

lunes, 8 de junio de 2009

Plan Xeral de Ordenación Urbán de 1998: La vida sigue igual (1ª parte)

Na Voz de Galicia lemos a seguinte noticia

Diez de los 15 polígonos del plan del año 1998 aún no están en obras



En Decembro do 2008 o Concello publicaba na súa web a seguinte noticia

Ademais, aprobouse definitivamente o proxecto de compensación do Polígono Fariña Ferreño, do Castrillón. O POL H9.11 Fariña Ferreño é un polígono de solo urbano non consolidado, delimitado polo Plan Xeral de Ordenación Urbana de 1998, que previu o seu desenvolvemento polo sistema de compensación. O obxectivo da ordenación e xestión do ámbito é regularizar o tecido urbano da área, prolongando os viarios existentes, e obter o solo necesario para equipamentos e zonas verdes, ademais de obter o viario de conexión da área con Eirís de Arriba.
O ámbito ten unha superficie de 56.847 metros cadrados, aos que corresponden uns aproveitamentos lucrativos de 139.052 metros cadrados. A aprobación do Proxecto de compensación para o desenvolvemento do ámbito leva a cesión ao Concello de 21.410,82 m2 de solo destinados a rede viaria, 2.116 m2 para espazos libres e 9.279 m2 para equipamentos. Neste polígono farán efectivos os seus dereitos parte dos propietarios cuxos terreos foron ocupados polo Concello para o desenvolvemento do futuro Parque de Oza.

Desde 1998 se as contas non nos fallan, van 11 ANOS¡¡¡¡

Non poderán acusarnos ós veciños do barrio de non ser pacientes, eh?..... Pero polo de agora, moito prometer e pouco cumprir.

Como di a canción: La vida sigue igual....

Seguiremos contando máis na 2ª parte deste culebrón, que publicaremos en breve


Os pensionistas non terán que renovar cada ano a tarxeta de transporte

No blog busurbano dan conta dunha boa noticia para os nosos maiores.

A partir del día de hoy, los pensionistas empadronados en la ciudad no
tendrán que volver a renovar la tarjeta de transporte público. Así acaba de
decidirlo el Ayuntamiento, que, además, ha introducido otros cambios en este
servicio.

Desde María Pita explican que el gobierno municipal ha decidido
suprimir este trámite al entender que la situación de la mayoría
de los pensionistas «es de carácter vitalicio», por lo que las renovaciones, que hasta ahora se hacían de forma anual, no proporcionaban ningún beneficio al servicio ni a los usuarios.

Máis información en Los pensionistas ya no tendrán que renovar su Tarjeta de transporte público. do blog busurbano.

domingo, 7 de junio de 2009

O sábado estamos de festa

Recordade que este sábado 13 de xuño O GALEGO MEDRA CONTIGO no CASTRILLON na praza de Pablo Iglesias.
Comeza ás 11.00 da mañá e rematará pola tardiña.
Haberá Animación na rúa, Xogos, Teatro de monicreques, Actuación musical e Teatro infantil.
Unha gozada.
Para disfrutar dun día familiar e de festa no barrio. Vémonos alí.

sábado, 6 de junio de 2009

Xornada de Reflexión

"NO SOLO HACEN ADEPTOS LOS PARTIDOS CON SUS DOCTRINAS, SI NO CON LOS BUENOS EJEMPLOS Y LA RECTA CONDUCTA DE SUS HOMBRES" (Pablo Iglesias Posse).


(Europa Press) Los eurodiputados que resulten elegidos en las elecciones
europeas del 7 de junio unificarán sus salarios a partir de la próxima legislatura, con independencia de su país de origen. En virtud de la reforma aprobada en 2005, los representantes en el Parlamento Europeo cobrarán cerca de 13.000 euros mensuales.

Hasta la fecha los eurodiputados de cada país cobraban lo mismo que sus parlamentarios nacionales (unos 3.100 euros mensuales brutos en el caso de los españoles), pero con la unificación de criterios todos pasarán a cobrar un sueldo fijo de unos 7.665 euros brutos, a los que se deben añadir dietas, viajes y el pago de otros conceptos, que llevarán a los políticos a sobrepasar los 13.000 euros.De hecho, al margen del salario por el trabajo realizado (7.550 euros), a los eurodiputados se les reconocen gastos que se les deben reembolsar. Es el caso del coste de sus billetes de avión, que les será devuelto. Los eurodiputados españoles necesitan volar tres veces al mes a Bruselas y una vez al mes a Estrasburgo. Además, percibirán 298 euros diarios por gastos de alojamiento y manutención en esos dos destinos. Para sus asistentes, los eurodiputados disponen de 17.000 euros mensuales, que son gestionados por los servicios del Parlamento. Finalmente, están las dietas generales de 4.000 euros al mes para el coste de oficina que tienen en sus estados miembros y gastos en periódicos, revistas, llamadas de teléfono, internet, ordenador y trabajo relacionado con su circunscripción."·

O salario mínimo interprofesional (SMI), o dos obreiros e traballadores europeos no ano 2008 foron:


País SMI mes

Luxemburgo 1.610 €

Irlanda 1.462 €

Holanda 1.357 €

Bélgica 1.336 €

Francia 1.321 €

G. Bretaña 1.148 €

Grecia 681 €

España 600 € (2009: 624 € brutos/mes)

Portugal 497 €

Polonia 334 €

Rumanía 137 €

Bulgaria 112 €

Salario mínimo interprofesional para 2009 fijado por Real Decreto 2128/08

Que cadaquen saque as súas conclusión e/ou reflexións.

Queremos xogar

Un veciño nos achegou unha interesante información. Unha campaña realizada por Save the children para denuciar as carencias, desperfectos ou falta de mantemento dos parques infantís españois.
Queremos jugar! Y con toda razón. El derecho al juego está reconocido tanto por
la Convención de los Derechos del Niño como por la Constitución Española, siendo
una obligación de los Estados ofrecer espacios para su desarrollo.
Sin embargo la realidad nos muestra que este derecho se ve muchas veces menoscabado.
Son numerosas las quejas ante la escasez de parques y espacios de juego en
nuestros municipios, pero más importante aún es la protesta frente al estado de
deterioro y falta de seguridad en muchos de los parques de nuestro país.
El 13% de los accidentes sufridos en España por niños de entre uno y 4 años y el 9%
de entre los de 5 y 14 años se producen en áreas de ocio y recreo. Así lo
refleja la investigación que en 1997 realizábamos junto con el Defensor del
Pueblo y Unicef, que analizaba el estado de los parques de 37 municipios
españoles.
Con esta campaña, queremos que seáis los padres y madres, los
amigos, los tíos o incluso los propios niños y niñas, los que participéis
denunciando la falta o el estado del parque de vuestro barrio, vuestro pueblo o
vuestra ciudad subiendo una foto a la web y explicando vuestra queja. O podéis
sumaros a las denuncias que otras personas hayan hecho ya. Además, tenemos la
oportunidad de propagar la acción y llegar a más personas imprimiendo los flyers
de la campaña y pasándolo entre la gente.
Creemos que la voz de todos llega más alto y con las denuncias que consigamos reunir al final de la campaña presentaremos públicamente un análisis de las situaciones detectadas y, como Save the Children, se las transmitiremos a todos y cada uno de los ayuntamientos implicados

Os compoñentes do blog imos enviar fotos para denunciar o estado de abandono e inseguridade das áreas infantís da nosa zona, especialmente a de Pablo Iglesias, como xa denunciamos no post U-lo Pablo Iglesias, pero sería interesante que desde o barrio fagamos máis envíos para que a nosa voz chegue máis e mellor.
Máis información no enlace http://www.queremosjugar.es/

Que Barrio máis pintureiro...¡