martes, 7 de abril de 2009

A posta en valor de Eirís e Castrillón

Palabras extraídas do Blog de Javier Losada, respondendo a un veciño do Castrillón.

En Eirís y Castrillón el esfuerzo de toda la ciudad ha sido enorme: bibliotecas y centros cívicos, escuelas infantiles y parques.También está prevista la cosntrucción de una escuela infantil, además de la existente, así como centro de día y ahora iniciamos un nuevo centro cívico en Eirís.

Bibliotecas? Que saibamos hai 1 Biblioteca, estupenda por certo. Centros Cívicos? Non coñeceos máis ca 1 Centro Cívico, onde tamén está a devandita Biblioteca, do que estamos ben contentos todos (de feito é A ÚNICA POSTA EN VALOR QUE TEMOS NO BARRIO) . Escolas Infatís? Polo de agora só hai 1 (Carricanta). Parques? Aquí si podemos falar en plural. Temos 2: o de Pablo Iglesias e o de Eirís. Se se achega por alí poderase percatar de que os nosos impostos non os invirten en mantemento dos parques feitos, polo menos non nestes parques.

Aproveitamos para recordarlle de novo as outras dúas promesas que retoman vostedes en cada cita electoral, desde hai varias lexislaturas: o Polideportivo coa súa piscina, e o Parque de Oza, dos que falamos xa noutro post anterior, e dos que aínda non vimos nin a primeira pedra, salvo na prensa.

Como sabemos que o Sr. Alcalde é un home ocupado, e os seus informadores non lle deben comunicar a situación real dos barrios asignados, ímoslle amosar os grandes esforzos do seu goberno na zona de Eirís e o Castrillón.

Esforzo e posta en valor da Avenida dos Caídos (Zona Urbanización Soto)




Terreos para o Parque de Oza. Ó fondo, terreos reservados para o ¿futuro? Polideportivo





Esta é tan só unha pequena mostra. Faremos máis entregas posto que no barrio temos mostras dabondo dos esforzos do goberno municipal para poñer en valor o noso barrio.

Se queredes colaborar para que o Alcalde coñeza a realidade dos esforzos feitos no barrio, podedes enviarnos imaxes ó noso mail de contacto: barriodocastrillon@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario