miércoles, 26 de agosto de 2009

Unha de Tirolina



O outro día Jesús, un veciño nos comentaba que nos estaban facendo unha tirolina no parque de Eirís. Hoxe nos envía unha foto onde se pode observar o estado no que se atopa. Gracias Jesús.


Aínda que non é moito e o parque infantil de Pablo Iglesias segue feito un desastre e segue incumprindo a normativa, calquera mellora para o barrio e para os nosos fillos.... benvida sexa, aínda que sexa de mínimos.

Agora esperemos que as dúas pandilliñas de vándalos que nos arrasan o barrio estean vixiadas para que non a destrocen a semana de poñela e que os nosos rapaces e rapazas poidan disfrutar dela durante moito tempo

viernes, 7 de agosto de 2009

Palabra de Alcalde (3)

y recuperando plazas.








Estamos no bo camiño, sr. alcalde???? Segue crendo iso despois desta pequena mostra????

Palabra de Alcalde (3)

tirando tapones,






miércoles, 5 de agosto de 2009

Palabra de Alcalde (3)

Aproveitando a recente visita do Alcalde ó Barrio imos retomar a saga "Palabra de Alcalde".

En maio, O sr. Losada desde o seu blog, responde o seguinte a varios veciños.

- J.C. pregunta por los proyectos pendientes del Castrillón (apertura da avenida dos caídos ,antonio ríos etc., o bacheo de rúas como antonio noche en oza… e como non, polo polideportivo) Son varios los vecinos que me habéis preguntado por el Castrillón. Creo que ahora estamos en el buen camino, hemos resuelto problemas y estamos llevando a cabo los proyectos: hemos ampliado la biblioteca y el centro cívico; estamos en la última fase para iniciar las obras del polideportivo; estamos tirando tapones, abriendo calles y recuperando plazas. Creo que estamos en el buen camino y vamos a seguir.


É certo o da Biblioteca e o Centro Cívico, para moitos a mesma cousa, xa que están sitos no mesmo edifio. Pero tamén é certo que é A ÚNICA DOTACIÓN QUE TEMOS, auténtico corazón e pulmón do barrio, xunto co parque de Eirís (aínda que hai moito que dicir aquí tamén…. Pero esto é outro post).

Pero a nosa realidade segue sendo esta:

Abriendo calles,





























Visita do Alcalde

Pois parece que onte nos visitou o Alcalde. Xa ía sendo hora. A ver si así se da conta de que as nosas reclamacións son necesarias e xustas.
O que non entendemos é o titular que aparece na Voz: Losada visita el Castrillón para ver las obras del barrio.
Foto: La opinión de A Coruña
Obras? Qué obras?
Podedes ler o resto da información no link.



Esperamos que a Asociación Iar nos informe ós veciños das conclusións desta visita. Poñemos a súa disposición o blog para este menester, si estiman a ben facelo.

martes, 4 de agosto de 2009

O Castrillón en Festas

As festas do Barrio comenzan mañán.
Os actos desenvolveranse na Praza de Pablo Iglesias:

Día 5:
- Actuación da Tuna de Veteranos, ás 20 horas ,
- Lectura do pregón pola concelleira Obdulia Taboadela, ás 20:30 h.
- Foliada popular ás 22 h.

Día 6
- Sexta edición do Concurso de tortilla española, organizado pola Asociación Castrillón- Urbanización Soto- Ia, a partires das 18,30 h. na praza.
-As 22.30 h poderemos disfrutar do concerto de Mago de Oz.

Día 7
-Verbena coa Orquestra Los Satélites ás 23 h.


Esperemos que o tempo nos acompañe para poder disfrutar destas xornadas.
Se queredes máis información sobre as Festas de María Pita 2009 só tedes que clickar nelas.
Festas María Pita

Vándalos

No mes de xullo o barrio salía na prensa por un dos motivos habituais: os actos vandálicos que levamos sufrindo nos últimos meses

Rajan con un arma blanca las ruedas de varios coches aparcados en el Castrillón
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2009/07/14/0003_7846516.htm

Agora a noticia é que outro vándalos se enfrenta ó pago de 9.000 euros por grafitear coches no ano 2005.

....el fiscal pide para él una multa de 9.000 euros, además
de abonar el coste de los desperfectos causados, que asciende a 5.600 euros más.
En suma, si este joven imputado por llenar de grafitis varios vehículos
aparcados resulta finalmente condenado, la broma le supondrá 14.600 euros

Máis información nos seguites enlaces de La Voz e La Opinión

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2009/08/04/0003_7886764.htm

http://www.laopinioncoruna.es/coruna-metro/2009/08/04/joven-sera-juzgado-pintadas-cuatro-vehiculos-eiris/309165.html

Esperamos que a este simpático xoven lle caia todo o peso da lei e que sirva como medida exemplificadora.

Para que estes túzaros sen civismo e educación non poidan acollerse o manido recurso de declararse insolventes, marchar de rosiñas para as súas casas e rirse deste estado de dereito que nos protexe, a xusticia debería condenalo ademais a limpar todas as pintadas que temos no barrio, esa nova forma de feísmo urbán que nos invade.

Na zona estamos fartos dun par de pandilliñas que se divirten destrozando o pouco que temos e aínda por riba provocan a todos aqueles que ousan chamarlles a atención cando os pillan in fraganti, escudándose, como non, en que son intocables por ser menores.

Sres. do Concello e demáis responsables: envíen a policía e con orde de sancionar, porque con amonestacións verbais e sermóns de medio minuto o único que se consegue é que se sintan inmunes, se envalentonen máis e que logo acosen ós "sospeitosos de denunciar" as súas inocentes e solidarias diversións.