No post U-lo Pablo Iglesias , denunciábamos o mal estado e as deficiencias de mantemento e limpeza das zonas de xogo infantís da praza. A normativa europea e a autonómica son moi craras ó respecto
http://www.xunta.es/Doc/Dog2003.nsf/FichaContenido/CFE6?OpenDocument
A normativa europea (UNE-EN 1176 e 1177) establece unha serie de esixencias en materia de seguridade para evitar accidentes nos parques de xogo infantil.
Estas normas recollen os requisitos que deben cumprir os equipos e os materiais utilizados, as dimensións dos ocos e espazos libres que eviten riscos de atrapamento, as distancias e alturas de seguridade, a protección contra caídas e enganchones de roupa e pelo, etc.
Ademais, fan referencia aos grosores de recubrimiento das áreas de xogo, aos requisitos da instalación as distancias libres de obstáculos e ao mantemento posterior do área de xogo.
Facemos un pequeno resumo:
- Situación: debe estar a máis de 30 metros do tráfico rodado e o seu perímetro estará vallado con medios naturais (setos, arbustos) ou artificiais (muros, vallas) para que os nenos non accedan á calzada con facilidade.
- Materiais: columpios, tobogáns e outras estruturas serán fabricados con materiais non tóxicos nin condutores de electricidade, que non desprendan achas nin restos que poidan causar danos. Serán seguros e resistentes, con sujeciones firmes e estables. Substituiranse elementos metálicos por madeiras tratadas e plásticos. Evitaranse salientes e aristas na súa estrutura, especialmente nos puntos de unión e soldaduras.
- Para todos: os parques serán creados para o goce de todo tipo de visitantes, polo que o seu deseño haberá de adaptarse a usuarios con dificultades de movilidad. Evítense chanzos, bordillos, pavimentos inapropiados para cadeiras de rodas ou estruturas sen propostas de xogo adecuadas a estes nenos con necesidades especiais.
- Superficie: substituiranse as superficies duras, como hormigón ou pedra, por pavimentos que amortiguan golpes e caídas (caucho e materiais sintéticos).
- Gardar as distancias: cada aparello ou estrutura de xogo contará cunha zona de seguridade que evite choques entre usuarios de xogos próximos.
- Conservación e limpeza: os parques infantís deben manterse nas mellores condicións de uso posibles. A iso contribúen decisivamente os materiais de alta calidade utilizados na súa construción que aportan gran resistencia fronte ao vandalismo e a climatoloxía adversa. Así mesmo, advertirase e impedirá a entrada de animais.
- Mantemento: realizásense inspeccións periódicas para garantir o correcto mantemento dos xogos e da propio área lúdica. É necesaria a inmediata reparación ou retirada de equipos que xeren riscos. Unha inspección coa periodicidad adecuada é a mellor medida de prevención.
- Os parques non deben esquecer ás persoas maiores, incluíndo entre a súa mobiliario áreas de descanso, bancos para sentarse, zonas de sombra, fontes, papeleras, etc.
- Señalización: Indicarase correctamente a idade dos nenos que poden utilizar os xogos, onde se debe acudir ou a que número hai que chamar en caso de detectarse desperfectos na zona ou situacións de perigo. Así mesmo, indicarase a ubicación dos centros sanitarios máis próximos.
Como se pode observar, na zona de xogos infantís de Pablo Iglesias, non falla nin unha das esixencias das normativas.
Por iso hai varias denuncias e queixas deste parque (e é un dos que máis ten) en Queremos xogar a páxina web da campaña promovida por Save the children para denunciar as carencias, desperfectos ou falla de mantemento dos parques infantís de toda España. Ó igual que todas as queixas de moitos dos nosos veciños e veciñas trasladadas ó Concello por diferentes vías.
Bueno, como os pasais¡ Con lo bonito que lo tenemos, con esas decoraciones que son una nueva forma de expresion de las jóvenes de hoy, que necesitan espacios donde poder manifestar su arte. Ya os lo dije en otro comentario, que esto está echo a postas, que nuestros responsables saben bien lo que hacen, que es mejor que nuestros hijos jueguen en lugares con cierto riesgo para que vayan aprendiendo a sortear los peligros, que la vida es dura y tienen que aprender a sufrir desde la mas tierna infancia. Ademas si se lastiman o se rozan tambien es bueno para que su organismo pueda crear anticuerpos, que si está todo limpito y ordenado los niños luego nos cogen de todo. Que no sabeis valorar hombre, que os quejais de puro vicio, que en otros sitios estan peor. Que poco curuñeses que me sois.
ResponderEliminarCanta razón levas, anónimo.Non reparáramos en todo o que nos trasladas. Somos uns queixóns que de puro vicio non sabemos valorar o que temos. Total só é para uns cativos, que teñen de todo na casa e que excusan sair ó parque para divertirse e relacionarse entre eles. Mellor deixemos eses espacios ós vándalos e os animais que levan ós cans a desafogarse nesa areíña tan xeitosa, non si?.............
ResponderEliminarY esos bancos maravillosos, pensados para activar la circulacion sanguinea de los papis, hombre no me digais que no piensan en todo. No es que les falten tablas, que ya os estoy viendo, es para evitar la sudoracion excesiva a la vez que nos hacen un ligero masaje lumbar. Tambien estan pensados para que los bebes puedan subir sin dificultad. Y que me decis del monticulo con una altura interesante y sin valla del fondo. Eso es de lo mejor. Cuando pasen los años y algunos de nuestros niños sean portada internacional como grandes escaladores recordaremos que empezaron aqui, en nuestro parque, haciendo sus primeros pinitos.
ResponderEliminarSi oh, Temosche un spa público e nos sin enterarnos. Non lles hai que dar moitas ideas non che vaia ser que nos levanten o polideportivo por ter tremendos servicios na praza.
ResponderEliminarBueno, sempre nos quedará a "macro área infantil” do parque de Oza. Eso si, non sei se con fonte antiga ou sen ela....
ResponderEliminarEstudio arquitectura, y creo recordar que la normativa europea no obligaba a sustituir la arena y la grava por caucho o goma, si no solo recomendaba que si hay arena o grava que fuera de la suficiente densidad como para amortiguar caídas.
ResponderEliminarEstás no certo, Sergio. É así. Pero o que si obriga a normativa europea e autonómica é a manter en perfectas condicións de limpeza e densidade calquera das superficies. No caso das de area ou grava, hai que rastrillalas, limpalas, repoñer e renovar o elemento, que é unha das cousas que non se fai aquí. Proba a facer o seguinte: elixe un punto da área infantil (calquera das dúas) e soterra un obxecto pequeno, non moi fondo claro, pero si o suficiente como para que durante os xogos dos rapaces non o desenterren e se perda. Volve ó día seguinte e observarás que o de rastrillar e limpar a gravilla non se estila moito, alomenos neste parque.
ResponderEliminarUnha aclaración: Aquí o que estamos cuestionando non é o tipo de chan, aínda que persoalmente as pedriñas non me chistan moito porque teñen máis perigo do que se cre, eu vin coma un bebiño case morre axfixiado coas dichosas pedriñas...
ResponderEliminarO que cuestinamos son todos estes despectos da áreas infantìs que supoñen un serio perigo para os nenos:
- Os troncos que bordean o perímetro están sumamente deteriorados, astillados, cortados...
- Os xogos, igualiño ( tornilos froxos, roturas, astillas....)
- Non hai carteis informativos (ou non se poden ler polos "borranchos") sobre idades, información urxencias......
- Algúns donos de cans utilizan o parque como aseo particular dos animais
- Non está adaptado a usuarios con dificultades de movilidad ou necesidades especiais. No parque que está ó lado dun Colexio que ten un aula para necesidades especiais. No parque hai chanzos, bordillos, pavimentos inapropiados para cadeiras de rodas ou estruturas sen propostas de xogo adecuadas a estes nenos con necesidades especiais.
Os nenos teñen dereito a xogar nun entorno adecuado, limpo e seguro. E como sempre decimos, os nosos impostos son iguais cos do resto dos barrios, e os nosos fillos teñen os mesmos dereitos cos demáis. E queremos que parte dos nosos impostos se gasten en cousas así, e non en carteliños informativos de quen paga unhas e outras obras, que ademáis, somos os de sempre: nós, os veciños.