viernes, 5 de junio de 2009

Comunicado da AVV O Cruceiro

A AVV O cruceiro- oza-urb.soto nos envía un comunicado para a súa publicación.

Neste comunicado reclaman “o respeto dos concelleiros á hora de falar no pleno municipal, xa que algunhas das manifestacións do día 1 de xuño resultan ofensivas para os veciños do noso barrio”

Reproducimos integramente o comunicado que nos achegan:
D. Manuel Ponte Mañana e D. Rafael Rey Carpente,
presidente e vicepresidente respectivamente da A.V.V. O
CRUCEIRO, ante as
noticias aparecidas na prensa do día 2 de xuño relativas ó pleno municipal, e
máis concretamente, ás manifestacións da Concelleira de Servicios Sociais,
queremos manifestar, como xa fixeramos o pasado 25-07-08 en outro comunicado
(daquela como representantes veciñais), tras unha roda de prensa da referida
concelleira, o seguinte:
Unha vez máis desprecia ós veciños do barrio ó
manifestar que foron “agitados” polo ex-Presidente desta
Asociación. Todos e
cada un dos veciños temos a capacidade suficiente para entender e discernir a
política de integración e vivenda levada a cabo polo Concello ata o día de hoxe,
e a liberdade necesaria para participar ou non nas mobilizacións decididas en
asembleas públicas.
- Persiste na mentira ó falar de persoas xitanas cando
desde esta Asociación sempre se fala de
chabolistas .
- Esta Asociación
nunca estivo en contra da integración (unha
realidade dende hai moitos anos
neste barrio). “INTEGRACIÓN SI, NOVOS GUETOS NON” é o lema que encabeza as nosas
mobilizacións e letra principal dos nosos cánticos.
- Reclamamos unha
INTEGRACIÓN POR TODA A CIDADE, igualitaria e sen exclusións de barrios.
-
Reclamámo-la revisión das listas ante a posible existencia de irregularidades na
adxudicación de vivendas. TRANSPARENCIA E LEGALIDADE. Cousa que non debería
molestar a ninguén (menos ós que teñan
algo que agochar), xa que redunda en
beneficio de tódolos solicitantes de vivenda pública.
- Non entramos nas
“liortas” políticas entre concelleiros, pero na medida en que estas conlevan
unha valoración desafortunada dos veciños e unha interpretación manipulada da
realidade ESIXIMOS RESPETO.


Acompañamos copia do escrito (COMUNICADO PRENSA 25072008 - Google Docs)
dirixido a prensa, do que facíamos mención no encabezado de este comunicado.
A Coruña, a 4 de xuño de 2009.

Desde o Blog apoiamos calquera medida (Integración ou realoxo? ) que impida crear guetos de calquera condición neste barrio ou en calquera outro da cidade.

Si de algo sabemos no Barrio é de integración, e ben orgullosos que estamos deso, porque aquí si que é “unha realidade dende hai moitos anos neste barrio” . Aquí non teorizamos, aquí demostramos diariamente que non somos racistas nin xenófobos. Ninguén ten que vir a darnos leccións sobre integración. Neste barrio non. Aquí cuestiónanse outras cousas.

Incluso nin os propios veciños de etnia xitana do barrio están dacordo con este realoxo masivo, e así o manifestaron en varias ocasións, incluso a través de distintos medios de comunicación. Eles si que saben o que significa un realoxo, e o que queren, e queremos todos, e esiximos, é unha integración responsable e efectiva. Non un realoxo encuberto.

«Las familias afectadas también tenían un espacio de participación
y eso nos valió de mucho para entender todas las posturas», indicó el
responsable del Secretariado avilesino, que defiende que la separación favorece
la integración. «El problema no es tanto de pertenencia a una etnia como de
conflictividad», agregó y puso un ejemplo: reunir en el mismo edificio a nueve
toxicómanos no es bueno
”.
Como xa comentamos, sería bo que os responsables do Concello se pasasen por Avilés (Exitosa integración gitana en Avilés) para que lles explicasen o que significa un plan sensato e eficaz de integración. Que é o único que reclamamos os veciños e veciñas do Barrio. Independentemente da nosa etnia, crenza ou opción política.

5 comentarios:

  1. Os políticos son uns impresentables, e pensan que todo o mundo e como eles. E a Silvia Longueira é para dar de comer aparte. En este barrio xa somos bastante solidarios, que repartan os chavolistas por toda a coruña, pero tamén en Los puentes, que alí viven varios concejales, e polo que recordo cando echaron os xitanos de Roel, unha antigua imprenta non os realoxaron alí, ou que vaian a Maria Pita e o Parrote. Como decides, aqui demostramos con feitos a nosa tolerancia, e non como eles que de boca moito, pero a hora da verdá, queren ver lexos os que non son da sua clase, e si son xitanos peor. Cando vexa que se fan realoxos no edificio do señor Losada, donde vive Silvia Longueira ou Mar Barcón creereinos. Mentras deixen de acusarnos de racistas os barrios donde vivimos payos, xitanos, africanos, sudamericanos, etc sin problema algun e onde queremos seguir vivindo.

    ResponderEliminar
  2. Si, é lamentable. O dos políticos neste país da asco, pero todos, de todos os colores, non se salva ningún. Non chegamos ó do Cavalieri italiano, pero si seguimos así non tardaremos moito. Pensan que poden manipularnos o seu antoxo e que ainda temos que quedar caladiños, pois non, si se fan mal as cousas temos que protestar ainda que sean dos meus, pero o das críticas non lles gusta nada, mellor obedecer ciegamente, por favor, que nos deixen elexir e vivir en paz e que se ocupen de gobernar que para eso os pagamos.

    ResponderEliminar
  3. Falar de "realoxamentos encubertos" é unha ocultación da realidade, é introducir ruido na comunicación en troques de información, neste barrio non vai haber realoxamentos, o único que hai son adxudicacións de vivenda pública a persoas de apelidos que a algúns lles resultan sospeitosos.

    ResponderEliminar
  4. O argumento de que son adxudicatarios de vivenda pública con "sospeitosos" apelidos está demasiado manido. Home parece que colocar a 22 familias de chabolistas nun mesmo edificio non é ir a favor das políticas de integración. Creo que non coñeces ben o tema da integración (por iso poñemos o exemplo de Avilés, un progama de integración magnífico que dou e segue dando espectaculares resultados de integración),ou tes informacións sesgadas sobre este caso concreto. O proceso de adxudicación está en mans da xusticia e será esta quen teña a última palabra.
    http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008092700_2_224425__A-Coruna--Metro-cooperativa-policias-denuncia-errores-adjudicacion-pisos

    ResponderEliminar
  5. Sei que chego tarde, pero quería opinar. Hai xente que aínda se empeña en negar a evidencia (por motivos políticos, obviamente) pero a realidade é que a ocupación das xa famosas vivendas de Eirís está paralizada porque en virtude dunha denuncia, o xuíz observou irregularidades no proceso de adxudicación, haberá que ver o que di a sentenza: é dicir se houbo fraude ou non e de habelo quen son os responsables.
    Por outra banda, no Castrillón (coma noutros barrios, quero supoñer) estanse a facer realoxos dende hai tempo, non encubertos, pero si secretos ("o secretismo" modus operandi por excelencia deste concello) supoño que será para que non nos deamos conta que a algúns barrios non lles toca, iso si os racistas somos nós.

    ResponderEliminar