lunes, 8 de junio de 2009

Plan Xeral de Ordenación Urbán de 1998: La vida sigue igual (1ª parte)

Na Voz de Galicia lemos a seguinte noticia

Diez de los 15 polígonos del plan del año 1998 aún no están en obras



En Decembro do 2008 o Concello publicaba na súa web a seguinte noticia

Ademais, aprobouse definitivamente o proxecto de compensación do Polígono Fariña Ferreño, do Castrillón. O POL H9.11 Fariña Ferreño é un polígono de solo urbano non consolidado, delimitado polo Plan Xeral de Ordenación Urbana de 1998, que previu o seu desenvolvemento polo sistema de compensación. O obxectivo da ordenación e xestión do ámbito é regularizar o tecido urbano da área, prolongando os viarios existentes, e obter o solo necesario para equipamentos e zonas verdes, ademais de obter o viario de conexión da área con Eirís de Arriba.
O ámbito ten unha superficie de 56.847 metros cadrados, aos que corresponden uns aproveitamentos lucrativos de 139.052 metros cadrados. A aprobación do Proxecto de compensación para o desenvolvemento do ámbito leva a cesión ao Concello de 21.410,82 m2 de solo destinados a rede viaria, 2.116 m2 para espazos libres e 9.279 m2 para equipamentos. Neste polígono farán efectivos os seus dereitos parte dos propietarios cuxos terreos foron ocupados polo Concello para o desenvolvemento do futuro Parque de Oza.

Desde 1998 se as contas non nos fallan, van 11 ANOS¡¡¡¡

Non poderán acusarnos ós veciños do barrio de non ser pacientes, eh?..... Pero polo de agora, moito prometer e pouco cumprir.

Como di a canción: La vida sigue igual....

Seguiremos contando máis na 2ª parte deste culebrón, que publicaremos en breve


No hay comentarios:

Publicar un comentario