jueves, 15 de abril de 2010

Atopan un cádaver nun escampado de Eirís

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer a identidade dun cadáver que apareceu esta mañá nun escampado do barrio coruñés de Eirís.
Os axentes desprazáronse á zona onde atoparon un corpo que podería pertencer a un home, aínda que non se confirmou, «en avanzado estado de descomposición»
Polo momento descoñécense máis datos sobre a identidade ou as circunstancias que rodean este achado.

Fonte: La voz de Galicia
Polo de agora non temos máis novas deste suceso que esperamos se esclareza axiña para tranquilidade de todos os veciños e veciñas do barrio, e da cidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario