viernes, 23 de abril de 2010

Zocamiñoca, a primeira cooperativa de consumo responsable


O noso veciño Dan enviounos esta interesante información:
"Veu ficar ó noso barrio a primeira cooperativa de consumo responsable que hai na cidade. Por ser economía social, na que todos podemos participar (aínda que só persoas socias) penso que é importante mentalo. Xa estamos a realizar e servir os primeiros pedidos ás 70 persoas de toda Coruña que a integramos....."

Gracias pola información Dan


A devandia cooperativa chámase Zocamiñoca.

Zocamiñoca é unha cooperativa de consumo , unha entidade sen ánimo de lucro, un proxecto de economía social no que as persoas somos o máis importante.

Os principios ou valores fundamentais de traballo da cooperativa son o consumo consciente e responsable, a economía social, a ecoloxía social, o custo energético, a dignificación do rural, entre outros.

As actividades que pretende desenvolver a cooperativa son :
· Educativas, divulgativas e formativas: charlas, obradoiros, medios de comunicación, punto de información no local, información e asesoramento dos produtos, visitas ás producións, etc.
· Fomento de hábitos sostibles: redeseño do consumo, redución, reutilización, etc.
· Autoabastecemento de produtos eco-lóxicos (compaxinando criterios de selección cuns prezos asequibles).
· Tarefas colectivas (no campo, as propias necesidades do proxecto, etc.).
· Participación en actividades de transformación social (redes, campañas, etc.).

Se queres profundizar sobre este colectivo tes máis información na sua web :


O seu local está situado na rúa Castrillón nº 9, baixo esquerda

Desde o blog loamos esta interesantísima iniciativa e dámosvos a nosa máis calorosa benvida.
Aquí nos tedes para o que necesitedes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario