domingo, 11 de abril de 2010

Os adxudicatarios de vivendas en Eirís e Novo Mesoiro xa visitan os seus pisos


Os adxudicatarios de vivendas de promoción pública da Xunta en Eirís e Novo Mesoiro comezaron xa a visitar os seus pisos, un paso máis no longo proceso -hai cinco anos que se iniciou- e un dos últimos antes de que, por fin, poidan ocupar as súas casas. Para iso, só falta a licenza municipal de primeira ocupación e rematar flocos da tramitación: o pago de fianzas, gastos, formalización de hipotecas e firma de contratos.
En total, son 281 as familias pendentes de estrear as súas casas, ademais dos expropiados de Eirís, cuxas vivendas deberá entregar o Concello. Uns pagarán unha renda máxima de 140 euros mensuais como inquilinos, outros asumirán hipotecas por 25 anos de 100 a 300 para facerse cuns pisos a entre 30.000 e 70.000 euros.
Fonte: La Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario