miércoles, 23 de junio de 2010

Esta noite arde o Castrillón (e o seu blog)

Hoxe é a noite do lume, das cachelas, das lumeiradas, das sardiñadas....
E no noso barrio esta é unha tradición moi arraigada da que disfrutamos todos os veciños nas queimas e sardiñadas que temos ao longo do barrio.

A punto para a noite máis luminosa
Todo listo para 'a noite meiga'

Podedes tamén obter máis información en Nota del Ayuntamiento - Web oficial de las hogueras -

Nesta noite meiga de queima purificadora , O blog do Castrillón aproveita para facer a súa particular purificación.

A partires de mañá, 24 de xuño de 2010, a nosa nova páxina será barriodocastrillon.es que é a mesma de sempre pero mellorada.
Na nova web poderedes ver os cambios que hai e as novidades que se engadiron, coa axuda indispensable do noso veciño Jesús, que a partires de agora tamén vai ser un dos nosos colaboradores e administradores do blog.

Esperamos que vos guste a nova páxina e que sigades participando e colaborando nela para conseguir un barrio mellor no que sigamos sentíndonos tan a gusto coma sempre e do que poder sentirnos orgullosos.

Así que xa sabedes, seguimos estando en barriodocastrillon.es

Esperamosvos.


"Sálvame lume de San xoan, para que non me trabe cadela nin can".

2 comentarios:

  1. Coma tacha, que o novo blog non adoita como base o galego :P por defecto. Localización ! !!!!. E a miña solidariedade, coas sardiñas.

    ResponderEliminar
  2. Corrixido, Anónimo. No fragor da batalla escapousenos algún detalle, pero neso estamos. Aínda que cada un dos administradores ten a liberdade de escribir na língua que prefira.

    E xa podes facer os comentarios na nova páxina.

    Ai, e onte non tiven nin a máis mínima "solidariedade" coas sardiñas, ataquei duro, moi duro jejejeje. Había que meter jasoi para saltar as cachelas......

    ResponderEliminar