Martes, 28 de abril
na Praza de Pablo Iglesias.
De 15:30 ás 21:00 h
Estas datas festivas soen coincidir cun incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios debido ao aumento das urxencias por mor dos accidentes de tráfico
O CENTRO DE TRANSFUSIÓN CIFRA EN 2.500 DOAZÓNS DE SANGUE AS NECESIDADES DOS HOSPITAIS NA PONTE DO PRIMEIRO DE MAIO
A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). .
Para máis información, o Centro de Transfusión de Galicia dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas. Na nosa cidade atópase en:
HOSPITAL ABENTE Y LAGO (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
Animádevos. Acudamos para amosar unha vez máis que somos un barrio comprometido e solidario.
Como din no seu slogan: SÍNTETE MELLOR. Comparte saúde. Doa sangue.
Ánimo....e non perdades a fe blogueira. Xa vos aviso do difícil que é manter un blog veciñal, pero aquí estamos. Saúdos e bicazos desde Katanga!!!!!
ResponderEliminarhttp://katanga-koruna.blogspot.com/
Ola Katanga¡¡¡
ResponderEliminarMoitas gracias polos ánimos e pola benvida. Aquí estamos tamén para o que necesitedes. Unha aperta.