sábado, 2 de mayo de 2009

Guerra de Asociacións

Segue o conflicto polos cambios no Transporte ¿público? coruñés. Un lío de tres pares. E as asociacións veciñais coma ven sendo habitual, tirándose os trastos.
En lugar de estudiar as necesidades reais e de exigir todos xuntos que dunha vez neste concello se poñan as pilas para que todos os barrios teñamos un transporte público digno, eficiente e sostible, se invirte un tempo precioso en desacreditacións persoais, partidistas e interesadas. No barrio estamos acostumados a estos líos, xa que as nosas dúas asociacións están nas antípodas unha da outra. E por suposto, neste asunto non ía ser menos.

É noticia recurrente nestas dúas últimas semáns en case que todos os periódicos. En La Opinión e La Voz de Galicia se reflicte así:

Vecinos del Castrillón tachan de «irreal» la propuesta municipal sobre los cambios en los buses

La Voz de Galicia
El Ayuntamiento revisa los cambios en las líneas de buses por las protestas vecinales - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña

La federación de asociaciones de vecinos apoya los cambios en las líneas de autobuses - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña

La asociación de Peruleiro critica a Verdini por rechazar los cambios en las líneas de bus

El PP reclama mejoras en el bus urbano en O Castrillón y Os Rosales - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña

En breve publicaremos unha enquisa para coñecer da man dos veciños usuarios do bús cales son as necesidades do noso barrio.

1 comentario:

  1. Esto é un cachondeo total. Si se deixaran de tanto mamoneo i se ocuparan más de defender os intereses dos veciños que vivimos no barrio que os seus intereses ou os do seu partido era millor para todos. O que consiguen con todo isto e que moitos perdamos a pouca fe que nos queda no asociacionismo e que cada vez teñamos menos forza como barrio. E o do sr. Verdini é de reir por non chorar, si pensa que vai ter apoyo no barrio e que vive no seu mundo particular porque cada vez ten menos poder de convocatoria a asociacion que preside pola sua culpa.

    ResponderEliminar