viernes, 5 de junio de 2009

U-lo Pablo Iglesias

Parece ser que o Concello leva invertido desde o 2007 máis de 3 MILLÓNS de EUROS nos 81 parques infantís da cidade, e que este ano, só en mantemento, vanse gastar 224.890 €.

E nesta ocasión parece que algo nos cae.
En breve, en Eirís.
E seguen vendéndonos o inacabado parque de Oza, onde parece que van facer unha "macro área infantil” (espero que para disfrute destas xeracións).

As obras de mellora que se realizan afectan aos parques de San Amaro, Blanco Rajoy, Pablo Neruda y Rey Pedreira. En breve se ampliarán a San Diego, parque Europa, Vioño, Hospital, plaza de Vigo, Los Puentes, San Cristóbal, plaza del Carmen, Casares Quiroga, Eirís, Sardiñeira y Salvador de Madariaga. Además, están pendientes de recepcionar las de San Pedro de Visma y A Zapateira y de forma progresiva, aseguró Lareo, se atenderán las demandas planteadas por los vecinos de Pedralonga y Novo Mesoiro.
Máis información nesta noticia aparecida en La Voz de Galicia
Infraestructuras completará este año la renovación de las 81 áreas infantiles de la ciudad

Pero de Pablo Iglesias, nin palabra.


O Sr. Lareo, responsable de Infraestructuras, Vías Públicas, Parques e Xardíns insiste especialmente en que "todas las zonas de juegos están adaptadas a la normativa comunitaria y europea".
Vese que aínda non pasaron polo parque de Pablo Iglesias.

Ademáis este ano vaise a contratar a un organismo externo que certifique cada exercicio a calidade dos parques infantiles.
Esperemos que estes si pasen por Pablo Iglesias para certificar a área infantil tan estupenda na que se enzoufan os nosos cativos.

Será que o parque do fundador merece menos atencións co resto?...será que os nenos do Castrillón non teñen dereito á xogar en parques "europeos"?... ou será que os veciños do barrio non choramos dabondo para que os nosos nenos poidan mamar como o resto?

U-lo Pablo Iglesias. U-las Asociacións de Veciños? U-la normativa europea?


Como se pode observar Pablo Iglesias dispón dunha ampla e coidadísima área infantil adaptada á normativa europea e comunitaria. Os nenos do Castrillón agradécenllo moito, e os seus pais aínda máis.

2 comentarios:

  1. En la dirección www.queremosjugar.es, dentro de la Campaña de Save the Children pensada para que padres y madres denuncien la falta de espacios de juego de sus hijos o el mal estado. Yo voy a poner algunas fotos más de este "estupendo" parque infantil que tenemos en Pablo Iglesias, a ver si así al señor Cardador se le cae la cara de verguenza. Este domingo voy a votar como un europeo, para que los organismos europeos obliguen a nuestros políticos a cumplir las normativas europeas.

    ResponderEliminar
  2. Pois desde o Blog sumámonos á proposta e imos enviar fotos do estado do parque e animamos a todos a enviar cantas máis fotos mellor, temos moitísimo que ensinar, para a nosa desgracia.

    ResponderEliminar