sábado, 6 de junio de 2009

Xornada de Reflexión

"NO SOLO HACEN ADEPTOS LOS PARTIDOS CON SUS DOCTRINAS, SI NO CON LOS BUENOS EJEMPLOS Y LA RECTA CONDUCTA DE SUS HOMBRES" (Pablo Iglesias Posse).


(Europa Press) Los eurodiputados que resulten elegidos en las elecciones
europeas del 7 de junio unificarán sus salarios a partir de la próxima legislatura, con independencia de su país de origen. En virtud de la reforma aprobada en 2005, los representantes en el Parlamento Europeo cobrarán cerca de 13.000 euros mensuales.

Hasta la fecha los eurodiputados de cada país cobraban lo mismo que sus parlamentarios nacionales (unos 3.100 euros mensuales brutos en el caso de los españoles), pero con la unificación de criterios todos pasarán a cobrar un sueldo fijo de unos 7.665 euros brutos, a los que se deben añadir dietas, viajes y el pago de otros conceptos, que llevarán a los políticos a sobrepasar los 13.000 euros.De hecho, al margen del salario por el trabajo realizado (7.550 euros), a los eurodiputados se les reconocen gastos que se les deben reembolsar. Es el caso del coste de sus billetes de avión, que les será devuelto. Los eurodiputados españoles necesitan volar tres veces al mes a Bruselas y una vez al mes a Estrasburgo. Además, percibirán 298 euros diarios por gastos de alojamiento y manutención en esos dos destinos. Para sus asistentes, los eurodiputados disponen de 17.000 euros mensuales, que son gestionados por los servicios del Parlamento. Finalmente, están las dietas generales de 4.000 euros al mes para el coste de oficina que tienen en sus estados miembros y gastos en periódicos, revistas, llamadas de teléfono, internet, ordenador y trabajo relacionado con su circunscripción."·

O salario mínimo interprofesional (SMI), o dos obreiros e traballadores europeos no ano 2008 foron:


País SMI mes

Luxemburgo 1.610 €

Irlanda 1.462 €

Holanda 1.357 €

Bélgica 1.336 €

Francia 1.321 €

G. Bretaña 1.148 €

Grecia 681 €

España 600 € (2009: 624 € brutos/mes)

Portugal 497 €

Polonia 334 €

Rumanía 137 €

Bulgaria 112 €

Salario mínimo interprofesional para 2009 fijado por Real Decreto 2128/08

Que cadaquen saque as súas conclusión e/ou reflexións.

13 comentarios:

  1. É moi doado tirar como conclusión que "os políticos son todos iguais" ou que só buscan o interese persoal, o cal só contribuiría a deslexitimar o proceso eleitoral e desanimar a participación. Mais unha retribución de 13 mil euros mensuais é a de calquer executivo de medio pelo de moitas das empresas que hai na Coruña. Estamos falando do Parlamento Europeo, por tanto non confundamos o substancial co anecdótico, o anecdótico para min son as retribucións dos representantes. O importante é a significación do Parlamento Europeo e que o que alí se decida terá repercusión en todos nós.

    ResponderEliminar
  2. Vaia meu, se te parece anecdótico que un representante do pobo cobre 13 mil euros, mentras o pobo (a grande maioría deste país), as pasa canutas e tenta sobrevivir con 624 euros, e cando se te considera como rico por gañares 1500-2000 euros, apaga e vámos………Debes vivir na illa fantástica. Eso ou é que te dedicas profesionalmente á política. E se non o fas deberías facelo.
    O proceso eleitoral deslixítanno eles soíños, poñéndose ata as cachas gracias os impostos que xeramos a clase obreira e traballadora, que somos os que costeamos todo este mogollón (eles a facer leis que os amparen) para que os novos caciques , de dereitas e de esquerdas, poidan vivir coma ricos, a costa dos traballadores Esta é a nova clase opresora e hai que denunciar estes abusos. Agora virás dicindo que é legal, e todas esas mandangas. Claro que é legal, é o primeiro que fan cando arriban ó poder: legalizar os seus privilexios. Os deles. A nós solo nos toca pagar. E cada vez recibir menos. Levo loitando moitos anos na miña vida para conseguir moitos dos dereios que agora algúns utilizan para facer demagoxia barata e de calendario, coma para quedarme calado ante semellantes abusos. Todo isto é indecente. E hai que parar dunha vez este abuso de poder xeneralizado e global. Por moito que uns poucos intentedes convercernos de que é algo “natural”.
    Eles e as súas prepotencias e desapego da realidade social son os únicos responsables deste desánimo, deste cansancio e desta decepciòn que sentimos moitos ciudadanos.
    Non se cuestiona a significación do Parlamento Europeo, ou si…… se alguén quere facelo. Xa somos maiores democráticamente para decidir a opción que nos pareza. Digo.

    ResponderEliminar
  3. E por certo, hasme dicir en que empresas da coruña pagan ese pastón ós executivos, aínda que sexan de medio pelo que, tamén por certo, son empresas privadas que se xestionan con recursos privados e que cos seus cartos poden facer o que queiran, aínda que me jorobe porque no fondo todos sabemos que é gracias a explotación dos traballadores. Eu cuestiono que se despilfarren recursos públicos (xenerados cos nosos impostos) en salarios desorbitados en lugar de invertilos en poñer unha cuberta no patio do colexio dos nosos fillos, ou en que un xubilado poida vivir dignamente logo dunha vida chea de penurias e traballos, ou que as nosas carreteiriñas non sigan feitas un cara---, ou que nos poñan dunha vez a piscina no barrio, ou que planten máis árboles......ocúrrense mil cousas moito máis necesarias que que un servidor público cobre nun mes o que cobra a maioría en tres anos. E chamádeslle anecdótico a esto. Con xente coma ti así lles vai de ben o negocio ós políticos.

    ResponderEliminar
  4. Vaia, esto vaise animando.
    E resulta curiosa a interpretación que se fai da cara e cruz da miña reflexión. E ben certo que cada un saca as súas conclusións. O que me gustaría aclarar a Anónimo é que nunca dixen eso de que "os políticos son todos iguais". Eso é unha afirmación túa, non miña, máis que nada porque me gusta ser responsable das miñas pròpias. Aquí non se cuestiona a importancia do Parlamento Europeo nin das súas decisións, que por suposto nos van repercutir cada vez máis. Cuestionamos certas formas para consolidar privilexios que desde o noso punto de vista son inxustos.

    ResponderEliminar
  5. Efectivamente tí neste foro non se dixo nunca que "os políticos son todos iguais", mais semella a conclusión máis evidente destacando esta información na xornada de reflexión. Só quería dicir que me parece que hai cuestións de contido máis importantes que a forma, neste caso. E non vivo na illa fantástica nin son un profesional da política, mais a min hai cousas que me parecen ben peor que as remuneracións dos parlamentarios, e se vos parecen tan escandalosas é que non coñecedes as remuneracións de moitas empresas, esas sí que son escandalosas.

    ResponderEliminar
  6. Ningúen dubida da importancia da UE, pero que dende logo, o primeiro que adoitan facer é arreglá-lo seu bolsillo. ¡Se a lo menos fora ó revés, non habería nada que dicir!

    ResponderEliminar
  7. En primer lugar felicitaros por el blog, está fantástico, era algo que no teníamos en el barrio y creo que es muy util para que nos comuniquemos los vecinos, mi enhorabuena.
    Mi opinión es que si es un escandalo esos sueldos, seguro que hay cosas mas escandalosas pero esta es una de ellas, cuanto mas en los tiempos en los que vivimos, de crisis generalizada en todo el mundo, y en toda europa, y que en plena crisis se suban el sueldo con la escusa de que los italianos cobraban mucho y que habia que regularizar el sueldo del resto de los eurodiputados ya es lo more, de lo more. Yo si creo que todos los politicos son iguales, de lo peor. Y creo que es indecente que un politiquillo de medio pelo cobre mas que un cirujano, o que solo tengamos derecho a un año de paro porque dicen que no hay mas recursos, nunca hay para los trabajadores pero siempre sacan para ellos.

    ResponderEliminar
  8. Que razón tiene Sempre en Eirís. Antes eran los fachas derechones los que explotaban a los curritos, ahora también se suman los fachas de izquierdas que pretenden vivir como faraones sin currar o viviendo del cuento y a seguir explotándonos cada vez más, pero algunos parece que apoyan estas barbaridades y claro así tienen excusas para seguir engordando sus cuentas y haciendo leyes que les favorecen mientras los demás nos desesperamos para vivir dignamente con mil euros, cosa complicada os lo aseguro

    ResponderEliminar
  9. Claro que hai cuestión de contido moi importantes, pero coido que as formas son tan importantes en moitas ocasión coma os fondos, sobre todo cando che fan perder a razón, como me parece neste caso, por eso a frase de Pablo Iglesias, un home loitador, de principios sólidos e de recta conducta. Un socialista de verdade. Pero este é outro debate.

    ResponderEliminar
  10. Concordo con que as retribucións dos representantes no parlamento europeo son elevadas, mais pouca cousa comparadas coas do sector privado, canto considerades logo que debera cobrar un parlamentario europeo? por qué cantidade estaríades dispostos a marchar a Bruxelas? Insisto, creo que poñer o foco nas retribucións no día de reflexión é perder de vista problemas de maior envergadura que afronta Europa, e só contribue a reforzar ese dicurso xa tan cansino de desacreditar a política. Moi ben, continuemos desacreditando a política e aos políticos como espazo de participación democrática, deixemoslles que fagan, que son todos iguais, ese élles un escenario moi favorábel, a trampa do neoliberalismo, que a cidadanía abdique e nos convirtamos en idiotas. En Grecia, os idiotas eran os cidadáns egoístas que non se ocupaban dos asuntos públicos, sempre acubillados na esfera do privado, así ficaremos de seguirmos repetindo ese lugar común, ese tópico de "todos son iguais". Acaso é o mesmo Willy Meyer ou Ana Miranda que Jaime Mayor Oreja?

    ResponderEliminar
  11. Vaia, xa imos recoñecendo…….Peeero, sigo preguntando en que empresas pagan ese pastón porque vou voando. Salvo os altísimos executivos do sector bancario, ou de empresas de comunicación ou o sector de sempre de profesións liberais , non hai moitos que gañen 13 mil euros ó mes,máis da mitade que non tributa, + Blackberri, portatil….. Seicho ben. 13 mil euracos case libres non os caga unha burra., que hai moita xentiña que ten que currar anos para ganar eso. A cousa non é por canto estaríamos dispostos a irnos a algures. Era o que me faltaba, ademáis co sistema de listas pechadas que temos..... Si ata agora iban por 3500 + o resto, que NON TRIBUTA, por qué agora merecen cuadriplicarse o soldo, en plena crise bestial???????. O grande problema é que agora os políticos queren ser profesionais da política perdendo a esencia, que é o SERVICIO PUBLICO, para os ciudadanos que somos o pobo soberano, meu, non nos olvidemos. Esto non significa abdicación, todo o contrario. É rebeldía contra os abusos de poder. A apatía da xente é precisamente ó ver estes panoramas. O que hai que facer é pelexar, esixir e non transixir (que é o que nos idiotiza) por moito que nolo intenten vender con lazos roxos. E si concordo contigo no que comentas de Grecia, moi atinado. Por eso eu que non me considero idiota ocúpome, ó meu xeito de asuntos públicos ó alzar a miña voz denunciando este, e outros, abusos, neste foro e noutros doutra índole. O que non debemos facer é aceptalo como natural porque agora é todo así .

    ResponderEliminar
  12. Que se me olvidaba. Supoño que non son iguais estes tres, pero si que se comportan igualiño. Cada día vexo menos diferencia entre uns e outros, para a miña desgracia. Eu non cuestiono o sistema, nin á política, pero sí o comportamento dos políticos na actualidade, o súa falta de compromiso social e de ética persoal, por eso me cabreo

    ResponderEliminar
  13. Política, Del lat. politĭcus, y este del gr. πολιτικός ( «ciudadano», «civil», «relativo al ordenamiento de la ciudad»), es la actividad humana tendente a gobernar o dirigir la acción del estado en beneficio de la sociedad. Es el proceso orientado ideológicamente hacia la toma de decisiones para la consecución de los objetivos de un grupo”. Na Wikipedia moito máis.

    ResponderEliminar