viernes, 11 de diciembre de 2009

Campamentos de Nadal

Onte abríuse o prazo para os chamados CAMPAMENTOS DE NADAL, con distintas actividades programadas nos centros cívicos con motivo das festas de Nadal. Estas actividades lúdico- educativas diríxense a persoas de todas as idades, con especial atención aos máis pequenos para quen se programaron campamentos urbanos.
Este ano, a temática dos campamentos versará sobre a preparación dos agasallos e o significado de regalar. Os pequenos "axudarán" aos paxes e elfos no seu labor de todos os anos e aprenderán a importancia de compartir xogos e xoguetes. O Concello ofrece 375 prazas, 135 máis que o ano pasado.
Os campamentos están dirixidos a nenos e nenas nacidos entre 1997 e 2005 (escolarizados/as) e realizaranse do 23 de decembro ao 8 de xaneiro (23, 28, 29 e 30 de decembro e 4, 5, 7 e 8 de xaneiro) en horario de 10.00 a 13.00 horas. Poderán asistir nenos e nenas escolarizados e empadroados no Concello da Coruña.

A inscrición previa poderá facerse os días 10 e 11 de decembro de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas nos centros cívicos municipais e veciñais. O sorteo realizarase o 14 de decembro ás 11.00 horas en cada un dos centros cívicos e a listaxe de admitidos publicarase o 17 de decembro nos mesmos centros.

Os admitidos poderán realizar a inscrición definitiva os días 18 e 19 de decembro (venres e sábado) de 11.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 20.00 h, en cada centro cívico municipal e veciñal. O custo será de 12 euros por inscrito. Para máis información pódese chamar aos centros cívicos ou ao 010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario