martes, 29 de diciembre de 2009

O Concello acusa á Xunta de "facer dano" co sorteo dos pisos

"A polémica continúa ante o sorteo dos pisos de protección de Eirís e Novo Mesoiro que, mañá, mércores, celebrarase ante notario no recinto feiral.
Os concelleiros de Servizos Sociais e de Rehabilitación Urbana e Vivenda, Silvia Longueira e Mario López Rico, respectivamente, cargaron onte as tintas contra a Xunta e acusaron ao Goberno autonómico de querer prexudicar e «facer dano» coa decisión de facer un sorteo único destas vivendas.
Longueira recordou que o «pactado» co anterior Goberno da Xunta era realizar un sorteo diferenciado para que os primeiros que están na lista de adxudicatarios, e que supostamente teñen unha maior necesidade de ocupar as vivendas, poidan acceder o máis rápido posible ás de Eirís, que xa están finalizadas. Asegurou que, co sorteo único, haberá adxudicatarios que sairán moi prexudicados xa que terán que esperar máis, «quizais ata un ano», dixo, para poder ocupar as de Novo Mesoiro. «A moitos dilataráselle a espera. Algúns dos cen primeiros da lista terán que esperar para vivir en Novo Mesoiro», engadiu.
Pola súa banda, Mario López Rico explicou que a decisión de realizar un sorteo único onde se inclúan tanto as vivendas de Eirís como as de Novo Mesoiro «está a provocar unha situación de incertidume e pode carrexar posíbeis conflitos entre vos adxudicatarios xa que coa anterior Xunta este problema estaba xa resolto e vos propios adxudicatarios coñecían ou barrio para ou que ían a entrar en sorteo». Esixiu á Xunta que poña fin «á situación de incertidume creada desde a súa chegada ao Goberno autonómico e dunha vez por todas entregue as vivendas aos seus adxudicatarios».

Desde a Xunta recordaron que, como se estipula na lei, a listaxe é «único» e, polo tanto, o sorteo tamén, tendo en conta a composición familiar ou de convivencia dos adxudicatarios. Avanzaron tamén que o sorteo que se realizará no recinto feiral comezará ás 9.30 horas e que se fará por cotas.
O primeiro dos cinco grupos será o correspondente aos expropiados de Eirís, que deberán ocupar necesariamente vivendas neste barrio. O segundo grupo será o correspondente aos adxudicatarios con mobilidade reducida, xa que lles corresponden unhas vivendas cunhas características especiais, tanto en Eirís como en Novo Mesoiro. Despois procederase a sortear os pisos de catro habitacións, de tres e de dúas en ambos os barrios. Un notario comprobará que as papeletas con todas as vivendas que se meterán nas urnas son correctas. Ademais, desde a Xunta indicaron que os adxudicatarios poderían empezar a ocupar os seus pisos no primeiro trimestre do 2010."
O Concello acusa á Xunta de «facer dano» co sorteo de pisos
Fonte: La Voz de Galicia

El Concello exige a la Xunta que resuelva la adjudicación de los pisos sociales
Fonte: La Opinión de A Coruña


Están locos estos políticos.

3 comentarios:

  1. Ah, por fin se lles cae a careta, ou sexa que era verdade eso de que nos querían colocar a todos os chabolistas no barrio¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ Facer dano os vamos a facer nos nas próximas elecciones, por trapalleiros, mentirosos, liantes i racistas.
    E parece mentira que agora Mario diga esas barbaridades e as apoye, cando vivían no barrio colaboradores seus non decía o mesmo, ou cando estaba na oposición. Eu non vos vou votar nunca máis , e sempre fun votante do bloque, pero esto e outras cacicadas máis fan que eu e moita xente do meu entorno deixáramosvos de votarvos nas últimas e faremos o mesmo nas seguintes. Que decepción. Espero que este ano os ciudadanos vos mandemos a tomar vento e que deixedes de chupar da grande teta que vos fai olvidar os vosos principios

    ResponderEliminar
  2. Dano? Estes verán o que é dano nas eleccións municipais, o van comprobar en carnes propias

    ResponderEliminar
  3. Ver-gon-zo-so. Un fato de mentiráns manipuladores e que se saltan a lei cando lles convén. Así que " coa anterior Xunta este problema estaba xa resolto (?????????)e os propios adxudicatarios coñecían o barrio para o que ían a entrar en sorteo"¿¿¿¿¿¿¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ E como o fixeron ¿A DEDO?, CON QUÉ CRITERIO?, SALTANDOSE A NORMATIVA VIXENTE? PASANDO POR ENRIBA DOS DEREITOS DE OUTROS ADXUDICATARIOS?.......SI NON O LEO NON O CREO.Que ousadía utilizar esta cacicada como argumento. Estes, intentando remedar a cousa acaban de cagala e quedan en evidencia con estas malas artes, e teñen o rostro de alardear de saltarse a lei.Serán bobóns...

    ResponderEliminar