viernes, 30 de abril de 2010

Centro de Aspronaga en Eirís

"O Concello aprobará o mércores en pleno o expediente para a formalización da concesión administrativa dunha parcela no parque de Eirís que servirá para que a asociación Aspronaga constrúa un colexio para alumnos con necesidades educativas especiais, un centro de tratamento e residencia especializada para persoas adultas gravemente afectadas en réxime de internado e un fogar para aloxamento e manutención dos que asistan ao centro ocupacional.

Como a parcela obxecto do expediente está cualificada como dotacional de titularidade pública, permítese a implantación do centro educativo requirido, pero non para fogar e residencia, por iso é polo que sexa necesario proceder a un cambio de uso sobre a parcela sinalada coa finalidade de poder dar cumprimento á petición realizada polo Concello, operación que levará a cabo no pleno do próximo mércores.

A parcela na que a asociación sen ánimo de lucro Aspronaga disporá para levantar o seu complexo é de 13.500 metros cadrados, mentres que a obra pretendida necesita de 5.538 metros. ....................."
Resto da noticia en Aspronaga levantará en Eirís un gran centro educativo y residencial

Fonte: La Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario