viernes, 7 de mayo de 2010

Arranca "Paralelo 43º 21' 45" A Coruña", o primeiro gran festival artístico creado dende a sociedade e para a sociedade na Coruña

Mañán sábado 8 de maio se inaugura o que será o primeiro gran festival artístico creado dende a sociedade e para a sociedade na Coruña.

"Nel participarán máis de 100 artistas, de balde, co obxetivo de achegar a arte á rúa e de buscar novos espazos públicos para a arte, dando novos usos a algúns xa existentes, así como dinamizar económicamente o barrio das Conchiñas-Agra, zona importante da cidade que se está vendo afectada pola crise.

Durante case un mes haberá exposicións en establecementos, concertos, recitais poéticos, teatro na rúa, xogos infantís, obradoiros artísticos gratuítos, proxeccións, presentacións de fanzines, contacontos, performances...


O "Paralelo 43º 21' 45" A Coruña", organizado por arTeu, BGR e 5célula arte+comunidad, é a continuación do diálogo arte-sociedade que se iniciou dende arTeu no pasado Nadal en Cambre e a súa extensión a outras comunidades.
Detrás deste festival está o intenso traballo dos tres colectivos que organizan, o apoio do Concello da Coruña e a ilusión de moita xente que partcipa (organización, artistas e establecementos), nunha colaboración desinteresada.

Esperamos tamén que este festival poda axudar a aumentar a visibilidade deste barrio coruñés cheo de xente afable e traballadora."


Máis información nos dípticos ou en www.arteu.es



Unha estupenda iniciativa que espero que continúe noutros barrios da cidade. Vémonos por alí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario