lunes, 7 de junio de 2010

Obras son amores….













Os administradores do blog andivemos con moitas leas e non puidemos dar conta de todas as boas novas para o barrio que nos inundan estes días.

Que si inauguración do CENTRO CÍVICO DE ERÍS
Que si ademáis o noso alcalde nos piropea por ser un BARRIO INTEGRADOR
E onte a inauguración da 1ª fase PARQUE DE OZA.

Non damos creto.
Por fín. Xa nos tocaba. Moitas gracias. E que siga a racha.

Agora só falta que cumpran co POLIDEPORTIVO e rematen o asunto dos tapóns e terán un barrio satisfeito.
Estes días iremos comentando estas boas novas. Que gusto....

6 comentarios:

  1. Hombre menos mal, que aqui tamien somos de la ciudad y en todos los lados hacen cosas y a nosotros solo nos prometen, lo que pasa es que yo hasta que acaben todo el parque y nos abran una via para que los del Castrillón podamos bajar sin problemas no me lo creo y no somos los unicos que opinamos asi, y claro tambien que hagan de una vez la piscina y que nos arreglen algo mas el barrio que esta lleno de pintadas y sucio por todos lados

    ResponderEliminar
  2. Ben polo parque. Aínda que esqueceran bancos e farois (supoño que provisional) e agardo que non poñan lixadoras (moito máis limpo e custa moi pouco levar o lixo a casa ¿verdade?), e os rapaces non teñen sombra ningunha na zona de xogos. Pola miña banda agardaba algún camiño cunha pendente máis lixeira que fixera doado subir ó barrio coa bici.

    A lo menos temos un parque que apunta de 'deseño' e decente, que non a merda do de Eirís, que había dar cunha pedra á cabeza de onde saiu.

    Eu agora coa internet, boto en falta que non haxa unha web específica de suxestións dos veciños para implementar ó parque.

    Ó alcalde moderno (3.0) que temos non lle dixen nada, para non abusar a miudo da súa conta do Facebook pero, el daba a nova de xa abertos 20.000 metros cadrados... e en realidade son uns 7.000 (coma un terzo da fase 1; do total de 55.000 que terá en total o parque).

    Que por certo, a inauguración con banda e todo; (!) agardo que custara menos que o máis de 1 millón de euros que gastou a 'Espe' nun acto para poñer unha primeira pedra.

    Saúdos dende Rafael Bárez nº1

    ResponderEliminar
  3. Hola a todos, por donde se accede desde el barrio del castrillón al parque? o al final no está comunicado hasta la segunda fase? El otro día pasé por allí y no vi salida al barrio. Gracias

    ResponderEliminar
  4. Eso de que somos un barrio integrador e solidario xa o sabiamos, e o dixemos moitas veces, o que cribitabamos é que outros barrios non se lles esixe nin se lles obriga a ser tamen solidarios nin integradores e parecera qeu con actitudes clasistas e racistas consiguen moito máis, e nos que levamos demostrando o noso talante integrador moitos anos dannos unha ducia de tazas de caldo.

    ResponderEliminar
  5. Non me fio un pelo disto, de inaugurar somentes unha parte do parque, e que casualidade é a parte dos pisos mais caros. Soame a barrio rico, barrio pobre asim que espero que rematen a parte que da cara o noso barrio antes de que lles veñan como anel ao dedo a escusa de que non teñen mais orsamento por mor da crise.

    ResponderEliminar
  6. No entiendo lo suficiente y no se como va a funcionar, pero me parece poco adecuado el firme que le han dado a los paseos peatonales, de tierra compactada.

    Algunas personas con las que he hablado, que saben lo mismo que yo del tema, me dicen que en el proceso de compactación de la tierra le añaden un polvo blanco, algún aditivo, que es el que le debe dar la compcatación.

    Repito que no entiendo y lo que expreso no es más que una opinión sin base profesional, pero me da la impresión que con uno cuantos días de lluevias seguidas y fuertes van a provocar la aparición de regueros en los caminos.

    ResponderEliminar