Continúa o programa de actividades "O galego medra contigo" , unha carpa móbil que está percorrendo diferentes barrios da cidade para que os cativos e cativas poidan gozar en familia cun amplo programa de actividades, que inclúe concertos, monicreques, talleres.....
Máis información no enlace seguinte:
http://snlacorunha.blogaliza.org/files/2009/04/letrasgalegas09_acoruna2.png
O sábado 13 de xuño a carpa intálase no Barrio, na praza de Pablo Iglesias. A entrada é de balde. O programa é o seguinte
11.00 Animación na rúa a cargo de Manicómicos
11.30 Xogos
12.30 Teatro de monicreques “ O espírito do bosque” da compañía de teatro de Títeres Falcatrúa
17.00 Actuación musical: Cancións para Antía
18.15 Teatro infantil: Remoldiño vai á feira, da compañía Casa Hamlet
Un estupendo plan para un día de diversión familiar no barrio. E unha boa iniciativa do Concello. Que siga e que medre. Non faltedes.
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario