lunes, 2 de noviembre de 2009

Novo Mesoiro (e Eirís-Castrillón) preparan novas protestas

O venres celebrouse unha asemblea no Hotel Attica 21, de Matogrande convocada pola AVV de Novo Mesoiro onde centos de veciños debateron sobre o polémica da adxudicación de pisos a chabolistas.

O importante é que se decidíu de novo volver a loitar unidos. A AVV de Novo Mesoiro se compromete a apoiar a Eirís, e polo tanto ó Castrillon e viceversa.
Podedes ler máis información no Blog de Novo Mesoiro novomesoiro.com (que aparece no nosa lista de Blogs).


Parabéns para todos. Desde o Blog do Castrillón consideramos que así debera ser desde o principio. A unión fai a forza non é só unha frase. É a nosa máis poderosa arma. A única que nos queda ós cidadáns. Desde o Blog do Castrillón queremos recoñercerlle ós veciños de Novo Mesoiro e a súa Asociación este cambio de actitude.


Neste asunto, tan mal levado por todos (Concello e Xunta, PP e Psoe) desde o principio as víctimas son os veciños dos dous barrios, e tamén as familias adxudicatarias, moitas delas xitanas, que non se merecen este despropósito Na prensa aparece así.

Tras o intercambio de pareceres, os portavoces dos veciños expuxeron a
posibilidade que finalmente saíu elixida. Por unha banda, van esperar a que se
celebre a reunión que Silvia Longuera prometeulles nun encontro previo que tivo
con eles pola tarde. Ese encontro sería entre o Concello e a Xunta e del debería
saír un acordo para facer fronte á situación. A idea de permutar varias das
vivendas de Mesoiro e Eirís que acollan a chabolistas por outras e así diseminar
por toda a cidade a estas persoas, foi a que mellor se acolleu.
Os veciños de Novo Mesoiro esixirán en María Pita unha solución ao problema da adxudicación de vivendas a chabolistas. O vindeiro venres concentraranse a partir das 20 horas como medida de presión. Perseguen que tanto o Concello como a Xunta alcancen un acordo que solucione definitivamente o problema. Aínda que, por unha banda, contan co compromiso reiterado novamente pola concelleira de Servizos Sociais, Silvia Longueira, de que no barrio non se reacollerá ningún chabolista, queda pendente o outro escollo: os adxudicatarios de vivendas de promoción pública.No entanto, a pesar de agardar a reunión, a asociación de veciños vai solicitar a concentración do venres e, a maiores, unha manifestación para a semana seguinte, na que probablemente partirían da man do barrio de Eirís.Javier Losada , insistiu onte durante a súa intervención no programa Voces da Coruña , de Radio Voz, que en Novo Mesoiro «non vai haber reacollo de veciños de poboado chabolista algún». Asegurou que non vai faltar á súa palabra.


Ler máis en :La Voz de Galicia Mesoiro volverá á rúa para frear a adxudicación de pisos a chabolistasLa Opinión Novo Mesoiro prepara nuevas protestas para evitar los realojos de chabolistas

No hay comentarios:

Publicar un comentario