miércoles, 7 de octubre de 2009

Queremos Galego

A plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO convoca unha gran manifestación en favor da lingua para o vindeiro domingo 18 de outubro en Santiago de Compostela
é unha convocatoria na que se chama a participar ao conxunto da sociedade
galega, “a esa inmensa maioría de galegas e galegos que queren o seu idioma, que
o consideran un dos nosos máis valiosos patrimonios e sinais colectivos, por
riba de afiliacións ou mesmo da lingua que empreguen para comunicarse no día a
día”. Esa mesma chamada ao conxunto da sociedade “é válida tamén para que se
sumen a esta plataforma e ás súas iniciativas as persoas e entidades que
entenden o galego como un elemento a querer e a defender fronte a quen pretende
agredir os nosos dereitos”

Toda a información a tedes en Queremos Galego!
Vémonos en Santiago....

No hay comentarios:

Publicar un comentario