Desde o blog do Ventorrillo fan unha invitación a todos os veciños de Coruña a esta asemblea, onde se vai expoñer as medidas para intentar pór freo ó tráfico de drogas en Penamoa.
Miércoles 20 a las 20 horas ASAMBLEA VECINAL PARA ELEGIR LAS MEDIDAS A TOMAR CONTRA EL TRÁFICO DE DROGAS
No barrio do Ventorrillo e arredores levan sufrindo desde fai moitos anos os negativos e nefastos efectos de ter ó lado o poboado de PENAMOA, confirmado por todas as autoridades competentes (excepto o Concello da Coruña) como o MAIOR MERCADO DE DROGA DO NOROESTE PENINSULAR.
O curioso deste caso en particular é que a AVV Ventorrillo, coñecida como unha das asociacións veciñais máis afíns ó Concello , e a súa presidenta, defensora a ultranza de todo canto viña do goberno municipal, deran un xiro tan drástico e que esta cega e fidel confianza rematara.
Desde aquí aplaudimos este espertar da Asociación de veciños durmidos do Ventorrillo, que queren que lles solucionen dunha vez o grave problema que padecen desde hai máis de 20 anos e nos solidarizamos con estes veciños.
A ver si no barrio espertamos tamén dunha vez, nos deixamos de tanto politiqueo e traballamos unidos para esixir o que nos corresponde, e non seguir tragando sólo con promesas, xa que 12 anos de espera é prazo (e paciencia) máis que suficiente.
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario