martes, 26 de mayo de 2009

Hoxe o Ventorrillo sae a rúa

Os veciños do Ventorrillo saen hoxe para protestar por unha situación que levan sufrindo demasiados anos. E para esixir solucións.


HOXE, XOVES 28 DE MAIO ÁS 20.30 H.
Desde a sé da Asociación de Veciños ata a rúa do Mosteiro de Caaveiro.

E moitos veciños deste barrio estarán , estaremos, apoiándoos. Porque é un problema de toda a cidade. E non podemos permitir que quen ten que velar pola nosa seguridade e benestar intenten minimizar as consecuencias de esta deixadez das súas funcións e se laven as mans, sobre todo cando eles mesmos crearon este problema fai 25 anos.

Tamén apoian esta concentración a AVV Cruceiro-Oza-Urbanización Soto, unha das dúas asociacións veciñais que temos no Castrillón.

Resulta francamente reconfortante e alentador observar como os veciños e as AVV empezan, pouco a pouco, a darse conta que para buscar solucións hai que ir xuntos da man, sumando esforzos, aparcando os politiqueos e intereses partidistas.
Esperemos que as autoridades competentes e resto de responsables tomen boa nota. E que acudan moitos veciños do Ventorrillo e de todos os barrios da cidade.

Mentres deixámosvos cunhas declaracións da sra. Longueira, moi na súa liña: "Los vecinos tienen todo el derecho a manifestarse". Eso xa o sabemos. Só fastidaría que aínda o cuestionase, como xa fixo anteriormente cos veciños deste barrio, ós que acusou de estar manipulados porque non comungaban co que ela pretendía. Pero claro, agora a Asociación de veciños que se lle alporiza é uhna asociación moi vinculada ó goberno local que defendía, ata agora, todo o que viñese do Concello.
Longueira: ´Los vecinos tienen todo el derecho a manifestarse´ - A Coruña / Metro - La Opinión A Coruña

No hay comentarios:

Publicar un comentario