sábado, 9 de mayo de 2009

María Pita pide a O Castrillón 15 días de prueba para estudiar los cambios en las líneas de bus

Así o recolle o Blog busurbano.
no.tk Noticias: María Pita pide a O Castrillón 15 días de prueba para estudiar los cambios en las líneas de bus.Blog busurbano www.busurba


Desde o Blog do Castrillón nos gustaría subliñar que estas reclamacións son da Asociación IAR, unha das dúas asociacións de veciños que temos no barrio. NON SON AS RECLAMACIÓNS DOS VECIÑOS DO CASTRILLÓN.

O que non estaría de máis é que as dúas asociacións veciñais aparcaran as súas diferencias políticas e demostraran que defenden os intereses de todos os veciños, uníndo posturas e unificando criterios en temas fundamentais para o desenvolvemento do barrio. E o Transporte Público é un deles.

Desde o blog invitamos a Asociación IAR e a da Urbanización Soto a que nos envíen as súas propostas para dalas a coñecer ós veciños, xa que os carteis que circularon polo barrio resultan un pouco confusos, abrindo unha vía de debate e diálogo real e efectivo para buscar a mellor das solucións para a nosa zona.

O que reclamamos desde o blog do Castrillón é un transporte público, eficaz e sostible: máis buses, máis liñas, máis frecuencia, máis barato. E para todos os barrios da cidade.

O que non queremos é que nos sigan considerando un barrio de segunda, xa que pagamos impostos de primeira. Recordarlle ós responsables municipais o eslogan do noso blog:

O Castrillón tamén existe
Aquí tamén vivimos veciños de A Coruña. Aquí tamén pagamos impostos.
E como cumprimos coas nosas obrigas, esiximos que se respeten os nosos dereitos. Aquí tamén temos voz. E voto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario