Pois esta fin de semana entraron de novo (e polo que me comentaron xa é a terceira nestes dous últimos meses) noutro dos garaxes do barrio, no da rúa José María Hernánsaez, no que os asaltantes adicáronse romper cristais coa intención, suponse, de sustraer obxectos de valor (entre eles os mandos de entrada que, xenerosamente, algúns usuarios e usuarias deixan á vista).
Xa son demasiados incidentes deste tipo ultimamente no barrio: cando non rompen cristais, raian os coches, valeiran os extintores ou forzan os trasteiros para roubar.
Espero que estas comunidades de veciños fixeran a súa correspondente denuncia e que os veciños afectados fixeran o mesmo de xeito individual, porque como todos sabemos, se non existe denuncia, non existe o delicto e polo tanto as autoridades non consideran necesario un aumento da vixiancia na zona.
Aínda que a solución é bastante sinxela e de sentido común. E en moitos casos está nas nosas máns e é responsabilidade nosa coma veciños, como poden ser:
-Asegurarse de pechar ben as portas de acceso ós inmobles (portais)
- Esperar a que peche as portas de acceso ós garaxes
- Non abrir a descoñecidos, nin ós da publicidade (para eso existen os buzóns externos) .....
Nada raro, complicado nin traballoso para ninguén.
Neste caso aínda é máis grave pois este garaxe é tristemente coñecido por ser onde se producíu unha agresión sexual fai 2 anos. Hoxe precisamente falan desto na prensa.
El fiscal pide 118 años de cárcel para el violador del chándal pese a la escasez de pruebas
Pero parece que non damos aprendido, ata que nos toca de cerca. Entón somos os primeiros en poñer o grito no ceo esquecéndonos de todas as veces nas que pola nosa desidia e deixadez puidemos pór en situacións de perigo a nós mesmos e ós nosos veciños e veciñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario