martes, 12 de mayo de 2009

Limpeza de vangarda para os barrios da cidade

http://www.20minutos.es/noticia/467869/0/maquinas/limpieza/coruna/

Limpiarán más cada barrio de la ciudad con máquinas
menos ruidosas.

Una brigada especial vigilará 24 h.
Llevan GPS, retiran cacas de perro, borran pintadas...


Esperamos que nesto non se volvan a esquecer do Castrillón posto que aquí hai moitísimo traballo que facer, xa que de cacas de can e pintadas estamos na vangarda da cidade.

E se non, pasen e vexan, unhas pequenas mostras do moito que teñen que facer no noso barrio:








Así que benvidas estas maquiniñas vangardistas de limpeza para que o eslogan "Coruña, naturalmente"se convirta en realidade. Tamén no noso barrio.

4 comentarios:

  1. O único problema que vexo para estas maquiniñas é que o noso barrio non é un barrio consolidade para elas, porque non che sei moi ben si caberán ou si serán capaces de moverse polas corredoiras que temos no barrio........
    E ben certo que nesto si que estamos á vangarda dos barrios, salvo en Pedralonga que polo que vin no seu novo blog anda á par do noso ¿ Será unha nova forma de convivencia da xuventude? Refírome por suposto tanto a estes borranchos que parecen firmas e que ensucian todo o barrio, coma as cacas que deixan onde lle da o apretón ó animal, ós dous animais, o que ten catro patas e ó outro que o leva de paseo.
    E moito ánimo ó equipo que fai o blog, estades facéndoo moi ben. Noraboa.

    ResponderEliminar
  2. Jajaja, había ben de tempo que non escoitaba o de "borrancho", pero é a descrición perfecta deses pseudo grafitis que ensuxan todo o barrio. Voucho copiar, Sempre en Eirís.
    E o dos animais e os seus excrementos é para facer un monográfico. Nunca entendín cómo se permite esta porquería insalubre, con sinxelo que sería facelo, simplemente aplicando e facendo cumplir a lei.

    ResponderEliminar
  3. Hola, es la primera vez que escribo en un blog y va a ser en el de mi barrio donde me estrene. Ante todo quiero felicitaros por la iniciativa. Me gustaría enviaron unas fotos para esta colección que teneis porque nuestro barrio esta echo un asco y es una pena porque por lo demás es un barrio estupendo, muy tranquilo, con buena gente en su mayoria, y como decis en el blog a ver si los señores politicos se enteran que queremos que nos traten por igual que en otras zonas de la ciudad porque pagamos impuestos como los que más.Muchas gracias.
    Alba

    ResponderEliminar
  4. Ola Alba, moitas gracias a ti por participar e polos piropos. Animamos a todos os veciños a que interveñades todo o que queirades, porque sen a vosa participación o blog non ten sentido. Cando queiras envia esas fotos por mail e estaremos encantadísimos en publicalas. E coma tí esperamos que este espacio sirva tamén para que os responsables fagan todo o que nos prometeron nestes últimos doce anos. Nas últimas eleccións levaron un bo pau neste barrio e como non se poñan as pilas seguirán levándoo, porque a xente está moi, moi cansa de palabras e o que quere (queremos)son feitos.

    ResponderEliminar