lunes, 8 de febrero de 2010

Campaña difusión do Banco do Tempo no Centro Cívico

A Concellaría de Igualdade comeza no centro cívico do Castrillón a campaña de difusión do Banco do Tempo

Centro Cívico Municipal do Castrillón: 09/02/2010 -- 18:00 h.

A concellaría de Igualdade e Participación Cidadá, que dirixe Margarida Vázquez, comeza mañá unha campaña de difusión coruñesa do Banco de Tempo da cidade da Coruña en diferentes Centros Cívicos da rede municipal, á vez que de captación de posibles usuarios e usuarias.

Durante estas charlas, de importante compoñente práctico, as persoas interesadas poderán coñecer en profundidade en que consiste este servizo, incluído dentro do programa "Concilia os teus tempos" -no que se inclúe o Servizo de atención á infancia- que está a desenvolver a Concellaría, así como as modalidades de prestación e as casuísticas que se contemplan

No hay comentarios:

Publicar un comentario